Archive for Novembro, 2008

DEMOSTRACIÓN DO TRABALLO DO LIÑO (A Veiga, Ourense)

Comments (1)

A OLERÍA DE GALICIA, de Luciano García Alén

«A olería de Galicia» retrata os cambios profundos da sociedade

Publicado por primeira vez en 1983, reflicte o paso da produción de obxectos utilitarios aos de tipo decorativo. O clásico da etnografía de Luciano García Alén aparece nun só volume editado pola Fundación Barrié.Ola de Niñodaguia

La Voz 29/11/2008

Publicado en dous volumes en 1983, A olería de Galicia , de Luciano García Alén, constituíu a culminación de moitos anos de traballo do autor sobre a materia coa colaboración do seu irmán Alfredo (por entón xa falecido) e de Xosé M. Gómez Vilasó na fotografía e o deseño. Era un momento de cambios na olería tradicional nos que García Alén, prestixioso xinecólogo compostelán, implicouse a fondo para ofrecer un rigoroso traballo etnográfico no que se reflicte boa parte da historia de Galicia.

A Fundación Barrié saca agora unha nova edición facsímil da obra, reagrupada nun volume único de 250 páxinas. A través delas descóbrenos innumerables fotografías de época (obradores, mercados, aldeas de oleiros) que acompañan ás das diferentes pezas e os seus deseños, así como esquemas das diferentes facetas deste labor tradicional.

O libro fai un pormenorizado percorrido por cantos vestixios falan da cerámica desde os castros ata os nosos días, con atención a todos os centros de produción que se coñecen nos últimos séculos. De feito, a súa publicación coincidiu cunha etapa crucial para esta actividade milenaria e coa desaparición definitiva dalgunhas olerías de longa tradición, como a de Mondoñedo, primeiro, e a de Tioira (Ourense), que anunciaban o final da produción utilitaria. «Ata fai aproximadamente cincuenta anos -dise no libro- existían por Galicia uns vinte lugares onde artesáns campesiños desenvolvían o oficio de oleiros, en talleres de carácter familiar e como un complemento aos labores propios do cultivo da terra. Hoxe aínda persiste algunha destas localizacións artesanais, pero a súa produción xa non é precisamente de pucheros, de potas ou de cuncas ou outras vasijas utilitarias, senón que cada día abundan máis os obxectos con carácter anecdótico ou decorativo».

Presentación de fotos da olería de Gundivós.

Entrevista | Luciano García alén | Autor: Camilo Franco

Con sentido do humor Luciano García Alén acepta que lle chamen ao seu libro a «biblia dá cheiraría» de Galicia. Asegura que «polo peso ten sentido que utilicen ese nome». Di estar agora un tanto afastado, pero conserva «a mesma admiración polo traballo dúas oleiros».

-¿Que cambiou entre a edición dous anos oitenta e esta que se presenta agora?

-Se se refire ao libro, ou que se fixo foi fundir aqueles dous volumes de entón nun só, pero ou contido é exactamente ou mesmo.

-¿Que cambiou para a cheiraría nestas dúas décadas?

-Eu agora fago unha reflexión desde unha perspectiva algo afastada do asunto. Creo que a diferenza fundamental é que hoxe cando falamos de cheiraría estamos falando do pasado, de algo que sucedeu anos atrás e que se considera historia. Naquela altura, a cheiraría aínda estaba viva, tinga uso e non só entre a poboación rural.

-Quere dicir que ou uso dás pezas de barro, as ondas, as cuncas, desapareceu.

-Creo que cambiou ou seu uso e onde desapareceu foi nas cociñas. Cando fixen ou libro moitas dás pezas de servizo que había nunha cociña aínda eran de cheiraría, aínda tingan utilidade. Pero nestes anos cambiou moito a cociña e as súas formas e, polo tanto, tamén cambiaron vos útiles que se empregan. A cunca tradicional ou as ondas aínda aguantaron, pero hoxe hai unha capacidade económica non campo que permite outras cousas.

-Ou traballo de alfar é hoxe moito máis artístico.

-Antes admirabamos a utilidade dás pezas, ou servizo que prestaban. Pero abandonaron a cociña e agora están noutras partes dá casa, non salón, non recibidor. Témolas en conta por lembranza do pasado, por sentimentalismo ou polo gusto artístico.

-¿Entón ou futuro dous oleiros está non labor artístico?

-Agora mesmo están liberados dá funcionalidade, e iso lles permite facer outras cousas. Agora é un labor artístico e ou que admiramos neles é esa capacidade para facer obxectos bonitos. Eu aínda párome nalgúns escaparates de Santiago con pezas para admirar a súa fermosura.

-¿Fóra dá funcionalidade, que outros cambios percibe?

-Creo que hai moitos cambios nas capacidades tecnolóxicas. Agora as oleiras teñen unhas capacidades que hai vinte anos non tiñan. Hai menos xente traballando, pero teñen moita máis capacidade de produción. A formación tamén é máis completa e están facendo pezas dunha fermosura extraordinaria, algunhas ata con funcionalidade para a cociña ou a gastronomía de hoxe. Pero ou uso xeneralizado doutros tempos non creo que se volva dar.

Advertisement

Deixar un comentario

FOTOS DA PRIMEIRA EXPOSICIÓN DO MUSEO

Deixar un comentario

XOGO DIDÁCTICO PARA VISITAR O MUSEO

nena-bimbiosUn dos obxectivos dos que traballamos no Museo é elaborar material didáctico adaptado ás distintas etapas educativas. É un traballo laboriosos e complexo, no que queremos contar co apoio do profesorado. De momento temos redactadas unhas breves actividades, un xogo didáctico, que, polo que temos comprobado, pode servir para que o alumnado realice a visita ao Museo de xeito máis ameno.
Abaixo tedes o enunciado das catro cuestión que se lle propoñen e se premedes no enlace tedes a actividade completa. Tamén hai copias no mesmo Museo.

xogo-museo

1. Busca no Museo o aparello que necesitarías para facer os seguintes traballos e debúxaos co nome debaixo: ABRIR A PORTA; FACER UN CHOCOLATE; RAPAR UNHA OVELLA; VER FOTOGRAFÍAS AMPLIADAS.

2. Busca no Museo os útiles que servían para as seguintes funcións e anota o seu nome: A. MEDIR O TAMAÑO DOS TESTÍCULOS; BOTAR A TINTA; ESCRIBIR CON XIZ; LOCALIZAR UN LUGAR NA TERRA; FACER UN EXPERIMENTO CIENTÍFICO; PESAR; FACER UN BURACO NA MADEIRA; VOTAR; COLLER BRASAS, MIRAR OS OUVIDOS; FIAR O LIÑO

3. Nas tres páxinas seguintes relaciona cunha liña os obxectos do Museo da esquerda coas imaxes da dereita. Escribe o nome dos obxectos do Museo.

4. Indica os obxectos do Museo que tes na túa casa. Se tes outros antigos, escribe o seu nome e/ou describe o seu uso e as súas características (nun papel á parte co teu nome).

Deixar un comentario

O LIÑO

O liño no Museo

O liño tivo moita importancia na historia de Galicia. Hoxe só sobreviven algúns obradoiros onde se producen tecidos máis como atracción turística e museística que como actividade económica. Houbo un intento de recuperar a produción industrial do liño pero semella non ter callado.

A artesanía do liño en Galicia tivo un gran desenvolvemento, sobre todo na costa e nalgúns vales do interior. A súa época de maior auxe foi desde mediados do século XVIII ata as primeiras décadas do século XIX. Nesta etapa mesmo se importaba liñó de fóra, dos países bálticos, a través dos portos de Vigo, Carril e Ribadeo. Unha vez feito o tecido, exportábase cara Castela ou mesmo América. A competencia da mecanizada industria téxtilo do algódón, de Cataluña e Inglaterra, provocou a decadencia do liño galego, incapaz de competir en prezo coa produción das fábricas, onde obreiros e máquinas producían máis e máis barato. A artesanía do liño quedou limitada ao autoconsumo familiar en épocas de crise económica.

No Museo contamos cun amplo catálogo de obxectos vinculados á preparación do liño para o tecido: restrelos, ripanzos, mazas, fusos, rocas, estopa… Estes foron os obxectos expostos, xunto cunha ampla e ilustrada información complementaria na entrada do colexio: O liño. Este foi, ao igual que no caso do telurio, un traballo do alumnado de Informática1 de 4º da ESO.

Déixovos tamén un Léxico do liño, recollido da páxina: http://linho.iespana.es/lexico.htm

O liño-2
Bagaña: Casca que envolve a semente do liño, do tamaño dun gran de millo que ten boliñas dentro, a verdadeira liñaza.
Cerro: Manelo de liño.
Debanar: Poñer o fío en marañas por medio da debandoira.
Espadelar: Abranda-lo liño batendo contra o espadeleiro pra que despois se poida fiar.
Estopa: Febras de liño que se obteñen ó restrelar.
Estrigas: Rolos de fío retorcidos e atados facendo un nó que se fan ó espadelar.
Fiar: Reducir a fío a estopa coa roca e co fuso. Métese o estremo da roca na cincura da saia e no estremo enrólase o liño. A muller vai tirando e retorcendo a estopa pra que saia o fío fino, mentres fai xirar a punta do fuso que ó “bailar” retorce o fío e fai os novelos.
Liñaza: Semente do liño que vén dentro da bagaña.
Manelo/novelo: Madeixa de estopa que se fai ó fiar e que despois pasa á debandoira.
Maraña: Madeixa de liño fiado que se obtén da debandoira, polo que non está apretado, senón enrolado de maneira alongada coma se fose unha corda.
Mazar: Golpear repetidamente o liño posto no mazadoiro usando a maza pra separar as febras boas do resto.
Mazaroca: Riño enrolado no fuso cando acaba de saír da roca.
Naipe: Cartón en forma de cucurucho que se lle poñía á roca na punta cubrindo a estopa pra que no se movese, tirando do fío desde a parte de abaixo. Chámaselle naipe porque acostumaban a usar cartas da baralla, coma o as de ouros.
Restrelar: Facer pasar o liño polo medio dos dentes do restrelo pra que se poña coma o algodón e se enfíe facilmente.
Ripar: Quitarlle a bagaña ó liño por medio do ripo cando vén da veiga.
Tascos: Cascas que se lle sacan ó liño.

Deixar un comentario

O TELURIO

telurioEste foi o obxecto escollido para abrir a exposición de pezas do Museo na entrada do Colexio. Xa que Mahoma non ía á montaña… É unha actividade que iremos desenvolvendo ao longo do curso coa finalidade de facilitar o coñecemento dos fondos máis significativos do Museo. Para ista tarefa contamos coa axuda da profesora Hortensia Fernández e do alumnado de Informática 1 de 4º da ESO. Moitas grazas.

Este telurio ou planetario foi doado pola Sociedad Residentes de Cuntis en Buenos Aires nos anos vinte, un recordo da importancia que tivo a emigración no fomento da educación en Galicia. Estivo na fermosa escola graduada, derrubada, moi desafortunadamente, cando se fixo a actual Casa do Concello.

Se queres saber máis deste curioso e interesante obxecto didáctico, preme aquí: o-telurio1

Comments (2)

O MUSEO FERRO COUSELO

imgp14661O Museo Escolar Ferro Couselo é froito do traballo levado a cabo por un equipo de profesores desde hai máis de dez anos, dirixido polo profesor Juan Andrés Fernández Castro. Eles foron os encargados de recoller, catalogar e organizar o material escolar das antigas escolas unitarias e dos colexios do Concello de Cuntis, e ademais pediron co alumnado e o profesorado do CPI Don Aurelio colaborase doando ou depositando no Museo obxectos de valor etnográfico. Creouse así un Museo que nos permite percorrer unha parte da historia da escola e da vida cotiá de Cuntis no século pasado.

O Museo pasou por distintos locais do Colexio, ningún deles axeitado para unha correcta exposición das pezas. O último cambio realizouse hai tres anos e o Museo permaneceu parado ata o curso pasado, cando os profesores Ana Real, Ramón Mariño e eu mesmo nos puxemos a preparar o local e a colocar os obxectos. Reinaugurouse así o Museo durante as VI Xornadas Culturais D. Aurelio (maio do 2008) nun pequeno e pouco acolledor curruncho do Centro.

A pesar de que non é o mellor local, é o único posible nestes momentos, e está a disposición da comunidade educativa do CPI e de calquera persoa interesada, durante o horario lectivo.

Este curso 08-09 o coidado e dinamización do Museo é responsabilidade do Departamento de Ciencias Socias, Xeografía e Historia, iniciando unha nova andaina que ten como principais obxectivos dar a coñecer o Museo ao alumnado e a creación duns instrumentos didácticos que fagan do Museo un elemento máis do proceso de aprendizaxe. A colaboración con outros departamentos e, principalmente, co Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística queremos que sexa a canle que nos permita chegar a facer do Museo un lugar vivo e cotiá.

A creación deste blogue, adicado ao coñecemento e difusión do patrimonio etnográfico e educativo recollido no Museo, pretendemos que sexa unha ferramenta fundamental para acadar os obxectivos citados. Desde esta porta o noso pasado se abre ao mundo para amosarnos a través da cultura material como traballábamos, como estudábamos…, como viviamos en definitiva.

Cada un dos obxectos acubillados, se lle sabemos preguntar, nos contará como eramos e, por suposto, tamén, como somos. Atrevédevos a preguntar, atrevédevos a coñecervos!

Comments (4)