Este foi o obxecto escollido para abrir a exposición de pezas do Museo na entrada do Colexio. Xa que Mahoma non ía á montaña… É unha actividade que iremos desenvolvendo ao longo do curso coa finalidade de facilitar o coñecemento dos fondos máis significativos do Museo. Para ista tarefa contamos coa axuda da profesora Hortensia Fernández e do alumnado de Informática 1 de 4º da ESO. Moitas grazas.
Este telurio ou planetario foi doado pola Sociedad Residentes de Cuntis en Buenos Aires nos anos vinte, un recordo da importancia que tivo a emigración no fomento da educación en Galicia. Estivo na fermosa escola graduada, derrubada, moi desafortunadamente, cando se fixo a actual Casa do Concello.
Se queres saber máis deste curioso e interesante obxecto didáctico, preme aquí: o-telurio1
Alberto Armada said
Neste enlace pódese observar o contexto histórico, o fundamento científico e unha animación do telurio.
http://www.micinn.es/mnct/movimientos/CD/modulos_astronomia/el%20hombre%20y%20las%20estrellas/poi/piezas/telurium_fund.html
marta said
Danna Paola – Todo Fue Un Show