XOGO DIDÁCTICO PARA VISITAR O MUSEO

nena-bimbiosUn dos obxectivos dos que traballamos no Museo é elaborar material didáctico adaptado ás distintas etapas educativas. É un traballo laboriosos e complexo, no que queremos contar co apoio do profesorado. De momento temos redactadas unhas breves actividades, un xogo didáctico, que, polo que temos comprobado, pode servir para que o alumnado realice a visita ao Museo de xeito máis ameno.
Abaixo tedes o enunciado das catro cuestión que se lle propoñen e se premedes no enlace tedes a actividade completa. Tamén hai copias no mesmo Museo.

xogo-museo

1. Busca no Museo o aparello que necesitarías para facer os seguintes traballos e debúxaos co nome debaixo: ABRIR A PORTA; FACER UN CHOCOLATE; RAPAR UNHA OVELLA; VER FOTOGRAFÍAS AMPLIADAS.

2. Busca no Museo os útiles que servían para as seguintes funcións e anota o seu nome: A. MEDIR O TAMAÑO DOS TESTÍCULOS; BOTAR A TINTA; ESCRIBIR CON XIZ; LOCALIZAR UN LUGAR NA TERRA; FACER UN EXPERIMENTO CIENTÍFICO; PESAR; FACER UN BURACO NA MADEIRA; VOTAR; COLLER BRASAS, MIRAR OS OUVIDOS; FIAR O LIÑO

3. Nas tres páxinas seguintes relaciona cunha liña os obxectos do Museo da esquerda coas imaxes da dereita. Escribe o nome dos obxectos do Museo.

4. Indica os obxectos do Museo que tes na túa casa. Se tes outros antigos, escribe o seu nome e/ou describe o seu uso e as súas características (nun papel á parte co teu nome).

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: