Archive for Xaneiro, 2009

O zoqueiro Alberto Geada

Alberto Geada e un mozo de Alfoz (Lugo) que trata de co004nservar a artesanía tradicional dos zoqueiros. Di que ‘as zocas galegas son o pasado, o presente e o futuro do calzado’. É fillo doutro zoqueiro e o seu desafío é manter vivo o oficio abrindo novas saídas comerciais para o produto. Ademais de vendelas en feiras de artesanía e como obxectos e adorno, tamén se venden para desfiles de moda e en espectáculos musicais.797_foto2not

Ten o seu obradoiro na fermosa vila de Mondoñedo, onde elabora as zocas galegas e a variedade da zona oriental de Lugo, as madreñas, aínda utilizadas nos límites con Asturias e León. ‘Manteñen o pé fresquiño en verán e quente en inverno’, di Alberto. A madeira de bidueiro é unha das mellores para facer as zocas e o seu prezo oscila entre os 15 e os 600 euros.

Fotos en Flickr de Alberto Geada

Advertisement

Comments (1)

TRASPONTE, por Vanessa Aboy

Comments (6)

COLABORA CO MUSEO

colabora-21

O Museo non debe ser un espazo onde se acumulen teas de araña onde só poida sobrevivir o superheroe Spiderman. Entre todos os que formamos a comunidade educativa do D. Aurelio -pais, alumnos e profesores- temos que liberar ao noso heroe para que poida protexer a humanidade dos malvados.

Pretendemos crear un grupo estable de colaboradores que dinamizen o museo, que saque a pasear aos seus inquilinos polo Colexio e polas rúas de Cuntis (ou aínda máis lonxe). Esta tarefa pode ter moitas vertentes: organización e coidado do Museo, aporte de pezas, catalogación, elaboración de materias didácticos e folletos ou carteis para difundir, exposicións singulares, charlas onde se expliquen as características e funcionalidade dos obxectos, rodaxe de vídeos, redacción de artigos para o blogue e calquera outra idea que se nos poida ocorrer.

Tamén temos a pretensión de crear un museo virtual neste mesmo blogue, formado polas aqueles obxectos antigos que temos na casa e que son susceptibles de formar parte dun museo escolar e etnográfico. Aínda que non estean fisicamente no Museo, así contribuiremos á conservación e valoración do noso Patrimonio, a facer dos mesmos un instrumento didáctico ao alcance de calquera persoa interesada.

Animádevos a participar, entre todos seguro que podemos realizar unha actividade de gran valor cultural para a nosa bisbarra, aprendendo e divertíndonos. Agardámoste o mércores 28 de xaneiro, durante o recreo, no Museo

Deixar un comentario

LOUREIRO

Esta presentación da aldea de Loureiro, realizada por Antonio Castroagudín, abre a publicación dos traballos elaborados polo alumnado de 3º da ESO do Colexio para a materia de CC SS. Cada alumn@ se encargou de recoller información e tirar fotos da poboación onde viven, atendendo a criterios xeográficos. Coñecendo o seu, valorándoo, pretendemos que se impliquen na conservación do seu patrimonio cultural e natural.

Comments (8)