Archive for Xullo, 2009

Fotos das familias do alumnado


O curso pasado fixemos unha pequena búsqueda de fotos antigas que o alumnado ten nas casas para sumalas ao fondos do Museo. A resposta non foi moi masiva, pero as que temos son moi significativas. A través delas podemos descubrir a historia das nosas familias, dos noso lugares, en definitiva, a nosa propia Historia. Grazas a Andrea, Javier, Lidia, Lorena, Maite, Natalia, Rubén e Tania. Premendo aquí podedes ver unha presentación con todas as fotos.Na feira

Advertisement

Comments (2)

Os colaboradores están no Flickr

LunaTiñamos pendente desde o curso pasado (como pasa o tempo) incluír neste noso blogue as fotos das alumnas e alumnos que colaboraron con algunha das actividades que fixemos durante o curso. Non están todos, foi imposible reunilos para tirarlles a foto. En cada unha das fotos aparece o alumno ou alumna co seu obxecto preferido do Museo. Tamén deixamos para o curso que vén a inclusión dun pequeno comentario da peza e das razóns da escolla. A pesar das carencias (non puiden identificar a todos) o que si está claro é que temos unha canteira moi potente, á que hai que aproveitar os próximos anos.

Para subir as fotos creamos unha galería para o Museo en Flickr e contamos cun correo electrónico. Aquí, na columna da dereita tedes correo e as imaxes, e debaixo a presentación con todas as fotos. Destaco a foto de Diego Luna porque foi o único colaborador de 4º da ESO.

Colaboradores

Comments (1)

A Memoria do Mar

O Museo do Mar de Galicia, coa colaboración da Federación Galega de Confrarías de Pescadores está a realizar un importante traballo de dixitalización de fotografías de particulares relacionadas co mar. O fondo, de preto de 4.000 fotografías, foi ordenado por temas e subido á web, ademais de poder ser visitado nas vilas mariñeiras en tres exposicións:

Peixeiras Vilagarcía

  1. O mar mirado: Fotos relacionadas cos cultos, o lecer e o goce do mar. Paisaxes, procesións, praias, festas e lembranzas dos días de descanso, forman esta exposición dos aspectos máis persoais das mulleres e homes do mar.
  2. Do areal ao peirao: Fotos que nos mostran os cambios nas paisaxes e nas vilas costeiras ao longo do século XX, dos areais ás grandes infraestruturas portuarias, dos pequenos e armoniosos núcleos mariñeiros ao crecemento urbano desordenado…
  3. Con pés no mar: O mar como medio de comunicación e de recursos, con buques, subhastas de peixe, redeiras… O mar como oficio.

Deixar un comentario