Tiñamos pendente desde o curso pasado (como pasa o tempo) incluír neste noso blogue as fotos das alumnas e alumnos que colaboraron con algunha das actividades que fixemos durante o curso. Non están todos, foi imposible reunilos para tirarlles a foto. En cada unha das fotos aparece o alumno ou alumna co seu obxecto preferido do Museo. Tamén deixamos para o curso que vén a inclusión dun pequeno comentario da peza e das razóns da escolla. A pesar das carencias (non puiden identificar a todos) o que si está claro é que temos unha canteira moi potente, á que hai que aproveitar os próximos anos.
Para subir as fotos creamos unha galería para o Museo en Flickr e contamos cun correo electrónico. Aquí, na columna da dereita tedes correo e as imaxes, e debaixo a presentación con todas as fotos. Destaco a foto de Diego Luna porque foi o único colaborador de 4º da ESO.
carmen said
O meo, comentario es muy pobrinho non se ni falar galego, an que mi abuela era d’Ourense y contábame contos galegos de los que non recordo nada.