Inauguración da ruta de sendeirismo da Ponte do Ramo

A Asociación Vecińal e Cultural O Portavezal de Vilar de Mato organiza a inauguración da Ruta de Sendeirismo da Ponte do Ramo o próximo sábado 10 de outubro.

ruta VilarA actividade comezará cunha marcha pola senda e rematará cun xantar popular, visitando os petroglifos de Cequeril. Este é o programa:

  • 10.30 Saída dos participantes na marcha dende o punto de encontro en Vilar de Mato.
  • 11.30 Parada nos petróglifos de Cequeril que inclúe unha visita didáctica guiada.
  • 13.00 Chegada dos participantes a área de lecer do Portavezal (Río Umia). Actuación da Agrupación de Música e Baile Tradicional de Cuntis.
  • 14.00 Xantar popular á beira do río (para asisitir ao xantar confirmar asistencia no correo oportavezal@gmail.com ou no número 646.138.434. O prezo do menú e de 15 euros adultos e 10 euros nenos menores de dez anos).

Desde o Museo queremos felicitar a asociación veciñal ‘O Portavezal’ polo gran traballo realizado, ao igual que as outras entidades colaboradoras. Tivemos oportunidade de percorrer o treito do camiño que discorre á beira do río Umia e puidemos comprobar a femosura da paisaxe, así como a extrordinaria labor realizada na recuperación dos muíños situados na ribeira. Estas iniciativas de recuperación do noso patrimonio son imprescindibles para poñer en valor a nosa terra, ofrecéndonos una oferta de ocio e cultura de calidade. Parabéns!!!

Advertisements

11 Comentarios »

  1. nerea said

    pareceme ben que o recuperasen

  2. cristina e sonia said

    Parecme moi ben que recuperaran cousas tan fermosas coma esa para que a xente que ven de turismo vexa esas paisaxes

  3. Santi e Ruben said

    Estamos moi contentos de que se recupere esa zona para facer camiñatas, pero nós non imos ir por motivos persoais.

  4. Daniel said

    Paréceme moi importante este camiño para os veciños de Vilar de Mato e espero que dure moito tempo máis.

  5. noelia said

    Está ben que reparasen isto, que se recuperen os muíños e que se recupere o noso patrimonio.

  6. andrea said

    Está moi ben recuperar o camiño e facer rutas para os que lle gusta facer sendeirismo e aproveitar o que temos que é moi bonito.

  7. Daniel said

    I like that place becouse the path goes every were and its nice to have a little walk around

  8. Victor said

    Pareceume moi ben, para que a xente poida facer sendeirismo.

  9. iago said

    A recuperación do noso patrimonio paréceme moi ben para poder gozar del

  10. Victor said

    Enoraboa os que lograron esa ruta porque moi fermosa

  11. marisol said

    pareceme ven porque e moi bonito pasear por ali

RSS feed for comments on this post · TrackBack URI

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: