O pozo de Gontade, por Noelia Maquieira

Gontade 017Este é o único pozo de Gontade. Antes collíase a auga deste pozo, pois non había auga da traída. Usábana para beber, lavar, cociñar e para os animais.

Para facelo tiveron que ao monte Xesteiras, cargar as pedras a man nun carro de bois. Unha vez que as pedras estaban na aldea traballábanas a man con ciceis e martelos, ata darlle a forma que querían. Así foi como fixeron os aneis do pozo.

 

Un dos que fixeron o pozo foi un devanceiro meu, chamado Manuel Magán, que era moi bo canteiro. Fixeron o buraco do pozo cun pico, unha picaraña e unha pá, ata chegar aos 11 metros de profundidade que ten o pozo.

 

Unha vez rematado o buraco, colocáronlle os aneis de pedra. Por último  puxéronlle unha tapa de madeira e un ferreiro fixo o arco de ferrro, onde se colocou a roldana. Pasaron a corda pola roldana e engancháronlle un caldeiro de cinc, moi pesado, e así cando se soltaba a corda o caldeiro ía parar ao fondo do pozo, enchéndose de auga, que se sacaba turrando pola corda.

Advertisements

4 Comentarios »

  1. sonia said

    Moi bonito,unha boa imaxe

  2. iago said

    Pois pareceme ben que se conserve o patrimonio noso

  3. marisol said

    e unha foto bonita pero o pozo e novo

  4. victor said

    A auga dese pozo sel moi fria e bebes moi ben

RSS feed for comments on this post · TrackBack URI

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: