O XOGO DA RÁ, por Hugo Picallo

HISTORIA
Este xogo é moi antigo e inventouse en Exipto, onde exipcios, gregos e  romanos xogaban a algunhas variedades do ‘xogo da rá’, chamado ‘xogo do Tonel’. Colocaban a unha altura elevada unha ánfora, da cal acababan de beber; a continuación intentaban introducir pola súa boca unhas pedras e aquel que non acertaba a introducila pagaba o consumido.

O xogo da rá é un xogo tradicional (do século XIX) de lanzamento de puntería e precisión, que en Galicia desenvolveuse en lugares como tascas e tabernas, compartindo espazo con outros xogos como os Bolos, a Chave ou a Petanca. Segundo o dicionario da Real Academia Española dí: “Juego que consiste en introducir desde cierta distancia una chapa o moneda por la boca abierta de una rana de metal colocada sobre una mesilla, o por otras ranuras convenientemente dispuestas”.

FICHA TÉCNICA
Xogo: Individual, podendo nalgún momento xogarse por equipos, sendo estes de dous xogadores.

Idade e lugar de xogo: Normalmente xogaba xente maior, xa que nos meses de inverno practicábase no interior das tabernas e no verán colocábase na súa porta como atractivo para os cativos.

Partidas: a maior parte non xogaban cartos, era a consumición efectuada (unha xerra de viño,cuncas, etc…).

MATERIAIS
Unha mesa da rá, preferentemente de madeira e deberá ter 9 buratos, algúns deles con obstáculos.

Os petancos ou petacos, 10 fichas ou discos de ferro que son as que se lanzan.A ra

A distancia de tiro é de 3’80 m dende a liña de tiro atao centro da rá, situada sobre a mesa a unha altura de 80 cm

PUNTUACIÓN

Hai campionatos (por exemplo en Asturias) onde só se xoga coa rá, e a puntuación é fácil, cada ficha que entra pola boca da rá vale 1 punto ou tanto, e as demáis cero puntos, gañando o xogador ou equipo que sume maior número de puntos ou tantos ó remate da partida. Pero se xogamos dun modo máis recreativo cunha mesa que teña varias opcións a puntuación é: Rana 50 (ou 100) puntos, Molinete 25 (ou 50) puntos, Pontes e Buratos: 10 puntos, sumándose os que se vaian conseguindo en cada tanda de 10 fichas.

Outra modalidade de puntuación é pactar a cifra pola cal imos xogar por exemplo a 285, entón cada xogador ou equipo terá que usar unha estratexia de xogo dependendo do lugar polo que introduza a ficha precisará meter pola rá, molinete, pontes ou buratos para acadar a puntuación pactada inicialmente.

Advertisements

2 Comentarios »

  1. […] O XOGO DA RÁ, por Hugo Picallo October 2009 […]

  2. Julia said

    Excelente información Eladio sobre os xogos tradicionais!

    Gracias pola túa colaboración e por compartir. Da gusto traballar con compis coma ti.

    Tamén grazas a Hugo.

    Un bico

RSS feed for comments on this post · TrackBack URI

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: