Archive for Novembro, 2009

Castañas e chourizos

 

Advertisements

Comments (1)

As Carreiras de Sacos, por Hugo Picallo

Carreira de sacos no D. AurelioAs carreiras de sacos practicábanas, principalmente con motivo das festas patronais, rapaces de tódalas idades, pero, sobre todo, mociños, pois require habilidade. Case sempre tiñan lugar no campo da festa e os gañadores acostumaban recibir algún premio aportado por algún establecemento comercial da zona.
Os participantes metíanse nun saco que ataban á cintura cunha corda ou agarraban simplemente coas mans, e a saltos ,pois doutro xeito non é posible, trataban de chegar á meta, alentados polos amigos e familiares adultos.
As frecuentes caídas facían o divertimento dos veciños que se xuntaban para velos. Aínda hoxe as carreiras de sacos forman parte dos programa de festas nalgunhas parroquias ou concellos.
Non está permitido agarrar nin empurrar aos contrarios.
É un xogo onde, alén da forza física, conta moito a coordinación e o ritmo corporal. Por regra xeral acostuman chegar os primeiros os que non sofren caídas ou enguedellan os pés no saco ao saltaren.
Gaña o primeiro que chegue, sen cometer faltas (caídas, empuxóns… ) ata a liña marcada como meta.
Material:
Sacos de tea: son os máis idóneos, coma os do penso de animais, aínda que son mellores os das patacas. Non serven sacos de papel, posto que non son resistentes e ao se mollar rompen.
Sacos de plástico: son resistentes pero teñen o inconveniente de ser moi esvaradíos, tanto para agarrar como para correr.
Variantes:
– Por parellas: Dous rapaces ou dous mozos de, aproximadamente, a mesma estatura meten un o pé dereito e o outro o pé esquerdo no saco, atándoo á altura das nádegas e pasándo os brazos por detrás saltan ó compás.
– Cun balón: De xeito individual cando non se teñen sacos, nalgunhas zonas usan un balón. Os participantes colócano nos xeonllos e saltan sen que o balón caia.
– De velocidade: Metidos os nenos nos sacos, trazan dúas liñas paralelas a certa distancia, por exemplo, dez metros. Nunha colócanse os corredores e a outra serve de meta. Gaña o que chegue antes á liña de meta calquera que sexa o número de caídas sufridas.
– De firmeza: Similar ó anterior, pero o gañador é o que salva a distancia entre a saída e a meta co menor número de caídas.
– De resistencia: O gañador será o que chegue máis lonxe da liña de saída de entre todos os que queden a pé. A medida que vaian tropezando e caendo os corredores quedarán eliminados da proba. O vencedor será o derradeiro xogador que quede en pé.

Comments (2)

« Newer Posts