O telurio é un artiluxio mecánico que servía para explicar os movementos de translación e de rotación da Terra, as estacións e a alternacia entre o día e a noite. Cando se combina cun lunario (unha esfera luar que xira arredor da Terra), coma neste caso, permite explicar tamén os eclipses.
Este é un modelo didáctico que serve para enseñar o funcionamento do sistema solar. Pertenceu ao laboratorio do antigo Colexio de Cuntis que se encontraba no campo da Feira e fora doado pola asociación Hijos del Ayuntamiento de Cuntis en Buenos Aires no ano 1925. Cando se derrubou o antigo grupo escolar trouxémolo para o Museo deste colexio.
O sol está representado por un círculo de latón que reflexa a luz dunha vela de cera, e os planetas, incluída a lúa arredor da terra, móvense mediante un resorte de manivela. Trátase dunha moi curiosa e rara peza de laboratorio que debemos coidar e conservar.
O modelo, loxicamente, non respecta a escala real. Se a distancia entre a Terra e a Lúa fose a correcta, na escala do telurio do museo o Sol debería estar da Terra a unha distancia 400 veces maior, é dicir, 100 veces máis lonxe do que está. Se os tamaños da Terra e da Lúa fosen correctos, o Sol (a nosa vela) debería ter un diámetro 120 veces maior co da Terra.
Que contidos se poden explicar co telurio: Rotación terrestre (día e noite, sentido da rotación); Translación terrestre (o ano, a órbita da Terra, o sentido da translación, as estacións do ano); Translación do sistema Terra-
Lúa arredor do Sol; Rotación luar (cara oculta); Translación da Lúa arredor da Terra (Órbita da Lúa, Fases da Lúa, Eclipses de Sol e Lúa); Mareas (Mareas vivas e Mareas Mortas); Medida do tempo (Día, semana, mes e ano); Meridiano e Fusos horarios.