Archive for Marzo, 2009

GUIMAREI, por Olalla Pego (3ºB)

Comments (13)

A ESCOLA FRANQUISTA

Hai uns día mandáronme pola rede esta presentación. Creo que é interesante, ofrecendo as referencias básicas do que foi a escola franquista, é dicir, un disparate violento, fascista: a cruz, Franco e José Antonio, la santísima trinidad.

Deixar un comentario

COLECCIONISTAS DE HÓRREOS

Coleccionistas de hórreos Unha funcionaria de Correos publica en Internet a maior guía de celeiros http://www.elpais.com/articulo/Galicia/Coleccionistas/horreos/elpepiautgal/20090312elpgal_18/Tes/

SILVIA R. PONTEVEDRA – Santiago – 12/03/2009horreo_alto_galicia1

O hórreo máis alto de Galicia levanta do chan oito metros e medio, está no lugar de Cores (Ponteceso) e parece unha casa de tres plantas con portas e xanelas. Non ten pés. No seu lugar, hai unha planta baixa e pechada onde dormen as galiñas. Encima, no primeiro piso, os propietarios gardan patacas, castañas e trastes que xa non queren na casa. Cara atrás, crece unha azotea e, cara arriba, unha segunda planta aireada onde se almacena o gran. Aínda que non se aprecia na foto, este exemplar único de hórreo tamén ten un pombal. E todo o edificio está construído en pedra, até a canalización para a choiva.

Beatriz da Torre, funcionaria de Correos, sae ás tres de traballar e polas tardes, sempre que non chove, colle o coche e marcha de Santiago “á caza do hórreo”. Acompáñaa Fernando Rodríguez, ourensán, prexubilado de banca en Compostela e afeccionado á fotografía. Cada día aventúranse por unha ruta diferente e sempre atopan cousas novas. En 15 anos, pero de forma máis constante nos últimos cinco, lograron catalogar dous mil hórreos en toda a comunidade e sospeitan que van ter que seguir con estas excursións vespertinas para sempre. “Ata que me morra continuarei contando hórreos e non me dará tempo a acabar”, asegura esta funcionaria nacida en Marín, que viaxa sempre cunha cinta métrica, non vaia ser que algunha vez descubra un exemplar máis alto que o de Cores, máis longo que o de Araño (Rianxo), máis estreito que o de Portomarín ou con máis capacidade de almacenamento que o dos monxes mercedarios de Poio.

Este último celeiro ten un volume interior de 123,25 metros cúbicos e sostense sobre 51 pés. Neste caso, e na maioría dos hórreos grandes, cúmprese esa lei da física que nunca se chegou a escribir que di que a maior tamaño, máis posibilidade de que o dono do hórreo sexa un eclesiástico. “Está claro que os máis grandes son os das reitorais. Os curas almacenaban moito”, conta cun sorriso a perseguidora de hórreos. “E entre estes, o máis impresionante, perfecto, majestuoso, segue sendo o de Carnota”. O equipo estreou hai unha semana unha web na que mostra o seu catálogo. é a páxina máis completa sobre o tema, e nela pódense ver celeiros redondos, cadrados, en forma de ele e até un octogonal, en Lamas de Moreira (A Fonsagrada) feito de madeira e con tornarratos de lousa.

Nos pazos, aínda que puidese parecer o contrario, os hórreos son moito máis pequenos que nas casas parroquiais e polo xeral menos exquisitos que os dalgunhas vivendas máis pobres. Iso si, xunto ao hórreo, nas casas con capela, patín e ciprés, hai ás veces unha hórrea facéndolle compañía. Distínguese do seu macho porque é unha construción sobre pés máis ancha e máis cadrada. Entre os hórreos de máis de cen anos, “non hai dous iguais”. Agora si se fan en serie, pero basta un paseo entre Noia e Fisterra para descubrir a cantidade e a variedade. En cada zona hai un estilo, e dentro deste “hai tantos subestilos como donos, porque a xente é caprichosa”. Entre os adornos ou turulecos, “atópanse as cousas máis raras que un poida imaxinar”.

Beatriz da Torre e Fernando Rodríguez fotografaron raposos, cabezas humanas, campanarios de igrexa e até un avión despegando, labrado en pedra, que un propietario encargou hai xa moitos anos para substituír unha cruz que caeu. O hórreo máis antigo que atoparon estes catalogadores (a data está moi gastada, pero é de principios do século XVIII) está en Marín, e os máis traballados son os do “estilo Morrazo”, tan barrocos como o cruceiro de Hío. O máis adornado de todos é o de Salcedo (Pontevedra), que ten labrados con cunchas mesmo os pés. “Os hórreos son obras de enxeñaría”, defende a investigadora. “Os que gardan mel, ademais de tornarratos, teñen tornaformigas: un asuco na pedra sempre cheo de auga”. En Carballo, onde abundan os hórreos cadrados como na Mariña e na Fonsagrada, na planta baixa adoita haber un taller e, encima das sobrepenas, o adorno máis frecuente é un reloxo de sol. Todos estes reloxos son distintos, e na zona, até fai nada, a xente sabía lelos. O costume de miralos está a perderse, comentoulle un día unha veciña a De a Torre, “porque, con iso do cambio de hora, agora os reloxos de sol xa non funcionan como antes”.

Comments (1)

O CASAL (ESTACAS), por Mónica Campos (3ºA)

Comments (4)

O XUGO, por Daniel Fariña (2ºA)

xugoO xugo é un apeiro agrícola que permite xunguir un ou, normalmente, dous animais de tiro a un carro ou outro instrumento que deba ser movido, coma o arado. Tradicionalmente están feitos de madeira de carballo, cerdeira, freixo ou otras madeiras resistentes abondo.

En Galiza utilízase para xunguir bois ou vacas, animais utilizados para o traballo do campo ata a aparición do tractor ou do camión. Noutras zonas emprégase tamén para xunguir bestas. A parella xunguida denomínase xunta ou xugada.

Utilidade dos xugos:

O xugo é, en principio, un madeiro tallado mediante o cal se unen dous animales de traballo para aproveitar a súa forza dunha forma conxunta. Ás veces, no caso de ser necesaria maior forza, únese outra xunta diante, pero nunca se facería en paralelo; xa que esto último crearía serios problemas de unión á lanza do carro, ou ó timón do arado, excepto que se dispuxera dun xugo de catro camellas e, en todo caso, a súa maniobra tería moita dificultade.

Deixar un comentario