14 de Xuño. O Museo sae do armario

Ao longo deste curso o alumnado do CPI traballou nun proxecto que tiña como culminación a reapertura do museo Ferro Couselo, xa que este levaba pechado e “metido nun armario” durante cas que 8 anos.

O 14 de Xuño tivo lugar a súa reapertura.

Como afrontamos unha nova etapa, tamén optamos por mudarnos a outra web. Picade para coñecer máis cousas deste proxecto.

https://sites.google.com/view/museoferrocouselo/inicio

Deixar un comentario

Una historia hecha a golpe de tecla

Cinco hermanos reúnen una colección de máquinas de escribir con piezas únicas

JOSÉ LUIS ESTÉVEZ – Vigo – 11/06/2011

Las máquinas de escribir van camino de convertirse en los testigos mudos de una época que nunca más volverá. El ordenador ha jubilado a unos instrumentos que durante tantos años fueron la herramienta de trabajo insustituible para muchas personas. Aunque no son muchos los que lo saben, un edificio de la Gran Vía de Vigo guarda en sus entrañas una de las colecciones de máquinas más importantes de Europa, formada por 3.500 unidades. La familia Sirvent es la propietaria de una colección que también constituye la memoria de una época en la historia de la escritura que está a punto de finalizar.

Todo comenzó apenas terminada la Guerra Civil, cuando Alfredo Sirvent abrió un taller de reparaciones y mantenimiento de máquinas de escribir en la calle Velázquez Moreno de Vigo. Eran tiempos en que las máquinas resultaban imprescindibles para labores como hacer un periódico o realizar las copias de escritura de una propiedad. El negocio fue prosperando incluso a través del alquiler, la fórmula que utilizaban los dueños de un diario deportivo, que arrendaban un buen número de máquinas a Sirvent durante el fin de semana para escribir el periódico que salía el lunes.

Luis Sirvent, uno de los cinco hijos de Alfredo, explica que la clave del éxito del negocio fue la relación con los clientes ya que estos “acababan también siendo amigos” y entablaban una larga relación con el taller para asegurar el buen funcionamiento de sus máquinas. A lo largo de las cinco décadas en las que el taller funcionó en la calle Velázquez Moreno las anécdotas son innumerables. Por ejemplo, el escritor José María Castroviejo acudía en una época con frecuencia al taller para escribir sus textos literarios y periodísticos en las máquinas de Sirvent. Allí también se impartían cursos de mecanografía y los assistentes quedaban muy agradecidas porque ya salían de allí con un puesto de trabajo. “Eso era posible porque teníamos contacto con las empresas que buscaban mecanógrafos”, indica Luis.

La idea de la colección surgió tras la muerte de Alfredo Sirvent, cuando sus hijos decidieron rendirle un homenaje y respetar su deseo de no tirar las máquinas que habían ido acumulando a lo largo de muchos años. Tanto el taller de la calle Velázquez Moreno como el edificio de la Gran Vía al que se mudaron a principios de la década de los ochenta acogían en su seno cientos de piezas que ya no tenían utilidad, pero de las que tampoco querían deshacerse. “En los años 60 Olivetti empezó a recoger las máquinas viejas para destruirlas, pero nosotros decidimos quedárnoslas y guardarlas”, explica Alfredo, el hijo mayor de la familia, que es quien trabaja más de cerca en la supervisión del trabajo de reparación y en el cuidado de las piezas.

Desde hace cinco años, el taller dejó de funcionar para el público, pero los hijos de Alfredo Sirvent decidieron dar lustre a la colección que de forma improvisada había reunido su padre y mantuvieron contratadas a dos personas para la labor de reparación. Hoy ese trabajo desarrollado a lo largo de más de 15 años ha dado sus frutos y 2.500 de las máquinas que forman la colección se encuentran en perfecto estado de funcionamiento. El sótano de la tienda de muebles propiedad de la familia alberga las reliquias cuidadosamente envueltas en celofán. Alfredo baja cada mañana temprano a comprobar el grado de humedad para garantizar su conservación.

La importancia de la colección radica en su diversidad y en las piezas únicas con las que cuenta. Entre ellas se pueden citar prototipos que no llegarían a ser desarrollados comercialmente como los de las marcas Conquerol y Atlantida. También hay curiosidades como una Royal, chapada en oro, que se utilizó en el rodaje de Goldeneye, una de las películas de la saga de James Bond. Otra de las joyas de la colección es una réplica de una Malling Hausen, patentada en 1865, que está considerada como una de las máquinas más valiosas del mundo. Algunas de estas piezas se verán en una muestra en la Cidade da Cultura de Santiago que se abrirá el 24 de junio.

Un paseo por las estanterías permite descubrir desde máquinas para escribir en braille hasta otras para hacerlo con un lenguaje en clave o con las tipografías árabe, japonesa o rusa. El problema es que para enseñar este tesoro sus dueños todavía no han encontrado un lugar donde se pueda depositar. Luis Sirvent explica que han tenido alguna oferta para venderla y llevársela fuera de España pero, por su valor sentimental, la familia prefiere que se quede en Galicia y si puede ser en Vigo. Pese a que para Alfredo las máquinas son casi como sus hijos, confiesa que le da cierta pena ver que permanecen almacenadas y “enjauladas en celofán”.

Deixar un comentario

Unha mirada de antano: Fotografías de Ruth Matilda Anderson en Galicia

Puiden mirar, por fin, a exposición Unha mirada de antano: Fotografía de Ruth Matilda Anderson en Galicia, na Fundación CaixaGalicia de Santiago. Encantoume, pareceume marabillosa.

A fotógrafa estadounidense traballaba para a Hispa nic Society of America, que pretendía crear unha colección sobre imaxes de España. Con esa finalidade viaxou desde Nova York a Vigo acompañada polo seu pai Alfred, en agosto de 1924. Volveu en máis ocasións, realizando ata seis viaxes por España, case catorce min imaxes con notas e comentarios. Delas, cinco mil duascentas tirounas en Galicia, primeiro entre 1924 e 1925, e despois, acompañada pola fotógrafa Frances Spalding, entre 1925 e 1926.

As fotografías de Ruth constitúen un documento excepcional, tanto polo seu valor etnográfico e histórico, como polo pracer estético que provocan. Reflicten unha época hoxe perdida, pero que en moitos aspectos se estendeu ata principios dos anos setenta na Galicia rural. Eu mesmo, sentín ecos de obxectos, paisaxes e ambientes da miña infancia visitando a exposición. Son imaxes perfectamente contextualizadas grazas as notas que as acompañan e dunha extraordinaria calidade, o que non pode facernos pasar por alto o esforzo e as dificultades que tivo que pasar para viaxar con todo o seu instrumental pola Galicia dos anos vinte. Que pensarían os paisanos destes estranxeiros que chegaban as súas esquecidas aldeas e os facían protagonistas do seu interese?
Todas as fotografías, comezando polas dos propios autores, son dunha enorme elocuencia que nos fai percorrer a sala devagar, demorándonos moito máis do previsto. A planificación e a exhaustiva composición non lles fai perder nin un ápice de vida. Información e emoción súmanse nunha unidade perfecta.
Canta pobreza! Esa foi a exclamación que lles escoitei, máis dunha vez, a unha parella de persoas maiores cos que compartín a viaxe ao pasado. Si, realmente a pobreza da Galicia da época esmágate (aínda que tamén había clases). Pobreza que se reflicte nos nenos e mulleres que, e isto aumenta o seu interese, teñen un papel protagonista nas fotografías. E case ninguén sorrí, a vida era demasiado dura. Esta é a Galicia da emigración, de curas e caciques, e para coñecela, esta exposición é moito máis cun libro aberto.
Que fixemos coas nosas vilas e aldeas? Esta é a pregunta que me veu á cabeza cando observei as imaxes das vilas e aldeas, cheas de harmonía arquitectónica, fundíndose casas e paisaxe, fermosas. Gran parte dese patrimonio tirámolo ao lixo nestes anos de estúpido ‘desarrollismo’, que mágoa!
En definitiva, unha exposición imprescindible para todos os que queren saber, para todos os que queren gozar. Aínda que deixo aquí algunhas fotografías hai que velas de preto, non deixedes de facelo.
Heladio

Deixar un comentario

Os artesáns do cazume

07.05.2011 Mr. Misto estrea hoxe en Melide un documental que recupera o peso das telleiras, un duro oficio co que acabaron a industrialización e a emigración

VANESA OLIVEIRA . SANTIAGO

A casa-museo de Furelos, en Melide, acollerá hoxe ás 21:00 horas a estrea de Telleiras, un documental da produtora Mr. Misto que recupera a importancia que tivo este oficio en extinción nos pobos de Furelos, Piñor e Leboreiro a mediados do século pasado. Veciños como Maruxa, María, Concepción, Manuel e Delmiro lembran a dureza dunha profesión totalmente artesanal na que traballaban de sol a sol entre os meses de xuño a setembro. Quizais foi ese un dos motivos que levou a que a partir dos anos 60, cando se impuxo a industrialización e mecanización da súa produción, este oficio caese no esquecemento e que así continúe pasados os anos.

En poucas ocasións este oficio pasou de pais a fillos.”Os netos desa xeración nin sequera coñecen a existencia dos fornos”. Así o asegura Xoán Mariño, produtor executivo da cinta, ademais de guionista, que comezou a investigar sobre as telleiras de Melide “hai tres ou catro anos” coa intención de elaborar “unha serie de documentais sobre oficios tradicionais galegos”.

Nestes concellos de Melide existe unha das condicións necesarias para este oficio: os seus terreos son arxilosos. “Eran zonas nas que a agricultura tiña pouca saída, así que os veciños optaron por crear fornos comunais para elaborar tella”, comenta Mariño.

A actividade tivo o seu auxe entre os anos 40 e 50 do século pasado até a década dos sesenta. Despois, a emigración e a impronta da industrialización acabou co oficio. “Foi algo curioso porque houbo moita emigración a Bilbao para traballar nos altos fornos. E a xente que se quedou aquí non seguiu co oficio, xa que ademais de ser moi duro, tampouco daba moitos rendementos económicos”, explica o produtor da cinta.

As telleiras tiñan unha estrutura formada por unha pía -un espazo xeralmente aberto onde se amasaba o barro-, unha caseta -un pendello onde se gardaban as ferramentas-, unha eira -o aberto onde se poñían a secar as pezas antes de cocelas-, un leñeiro -onde se almacenaba o material para queimar-, un forno e un pallete -o almacén das pezas antes de ser cocidas-.

“Cando acababan as fornadas facían unha romaría”

No documental recóllense as testemuñas de tres telleiros que xa superan os 80 anos, un fillo dun artesán e un carpinteiro que detalla o uso de ferramentas nas telleiras. “Unha das anécdotas que contan no filme é que a final do verán, cando remataban de cocer facían unha romaría para festexalo”, indica Xoán Mariño. De aí tamén o trasfondo cultural deste oficio. “Nas telleiras cantaban e celebraban. O feito de ir ás fornadas era un punto de encontro e de festa, a pesar do duro que era, xa que dependían moito das condicións meteorolóxicas para que o seu traballo tivese un bo fin”, engade o produtor executivo do documental.

As tellas que se facían en Melide non se vendían moi lonxe de alí. “Manuel de Casilda conta no documental que ían á feira de Lalín a vender as tellas. Normalmente, ían de feira en feira, aproveitando que era onde se congregaba moita xente, para vendelas. Aínda hoxe podes ver esa tella nalgúns tellados da zona”, sinala Mariño.

Os telleiros tamén contaban coa súa propia xerga, un vocabulario que tamén aparece recollido no documental. “Hai unha palabra moi fermosa: cazume, que fai referencia á cinsa coa que se cobre a tella despois de cocida ou “grade”, un instrumento que se utilizaba para dar forma á tella”, comenta Mariño. Para que este patrimonio inmaterial non se perda, e aínda que o Museo Terra de Melide xa ten publicada información a este respecto, Mr Misto ten a intención de elaborar un libro no que se recolla este vocabulario.

O domingo tamén se poderá ver o documental na Casa do Concello, que permanecerá aberta dende as dúas ata as seis da tarde, proxectando o filme ininterrumpidamente para que todos os veciños poidan achegarse a vela.

Os ricos melindres poñerán a guinda a esta edición da festa tan cinematográfica, que culminará co pregón do actor Manuel San Martín, un dos protagonistas da serie Libro de familia.

INVESTIGACIÓNS

Un patrimonio que se atopa na actualidade en “total abandono”

Un dos escasos estudos que existen en Galicia sobre este oficio é o elaborado por Xosé Lois Ladra, As telleiras tradicionais. O exemplo artesán, que recibiu o Premio de Investigación de Pontedeume en 2006. Un traballo no que o historiador pon de manifesto o estado de “total abandono” dos espazos onde se desenvolveu esta actividade. O autor define as telleiras como “establecementos industriais que marcaron unha época de transición entre as economías premodernas de base agropecuaria e a actual sociedade de mercado inmersa na dinámica capitalista mundial”. A través da análise dun dos casos máis importantes deste oficio en Galicia, o da Telleira “Arzúa” en Ares, o investigador rastrea as súas pegadas na tradición oral. Así, por exemplo, nas cantigas populares as tellas adoitábanse empregar como “metáfora do sexo feminino”. De aí adiviñas como “unha restra de señoras, cando mexa unha, mexan todas”. Os artesáns, tamén coñecidos como cabaqueiros, tiñan a súa propia xerga do mesmo xeito que canteiros, cesteiros ou afiadores. O seu verbo incluía palabras, hoxe case desaparecidas, como “moio”,a cantidade de tellas que se precisan para encher un carro de bois.

Deixar un comentario

As augas galegas, unha historia de culto desde a época prerromana até hoxe

24.04.2011 Primeiro foi mantial curativo dos habitantes das vilas tocadas polo don da auga, despois salubre reducto de veraneo e socialización dos adiñeirados

MARGA TOJO
Tomar as augas ou ir ás augas. Así se denomina tradicionalmente en Galiza á recurrencia aos baños salutíferos que poboan a nosa xeografía.Pero a expresión contén máis información da aparente, pois as fontes clásicas empregan tamén o plural aquae, o que reforza a existencia dunha longa historia do termalismo na comunidade. Xa Plinio o Vello documenta como Galiza e o norte de Portugal presentan a maior concentración de ‘cidades Aquae’ dentro do territorio peninsular.
Primeiro foi mantial curativo dos habitantes das vilas tocadas polo don da auga, despois salubre reducto de veraneo e socialización dos adiñeirados. A boiante historia das augas mineromedicinais galegas logrou, non obstante, na última década democratizarse para chegar á maioría do público que pode acceder aos efectos beneficiosos das súas cualidades, mais aínda queda moito por percorrer. En Europa, más de corenta millóns de persoas acoden cada ano aos balnearios e en España, no 2009, a cifra de agoiristas foi de un millón duascentas mil dos que máis de cento corenta mil corresponden a Galiza. Porén, o estudo de Raquel Casal e Silvia González Os balnearios de Galicia. Orixe e desenvolvemento lembran que, ao contrario do que acontece na maioría dos países europeos, as terapias termais non están incluídas como prestación sanitaria do Sistema Nacional de Saúde do Estado español.
A historia termal tal como a coñecemos hoxe arrincou como unha opción das elites. Conta un libro que acaba de publicar Galaxia baixo o título O lecer das augas. Historia dos balnearios de Galicia 1700-1936, de Luís Alonso Álvarez, Elvira Lindoso e Margarita Vilar que os nativos coñecían as propiedasdes salutíferas dos mananciais desde tempos anteriores á conquista romana. A tradición relata que aplicaron a auga ás necesidades da vida e que apreciaron as propiedades curativas das fontes, especialmente das termais, convertidas nunha sorte de centros de perergrinación de enfermos. Pero o culto á auga remóntase á época prerromana, tal como demostran as investigadoras da USC Casal e González: “O coñecemento exhaustivo da realidade espacial que rodeaba os primeiros poboadores foi unha condición sine qua non para a súa supervivencia (…). As augas mineromedicinais formarían parte así desas augas localizadas nas que, cunha serie de peculiaridades facilmente recoñecíbeis (mal olor ou mal sabor, elevada temperatura, burbullar, vapor…), chamarían a atención significativamente a eses primeiros poboadores, máis aínda á hora de comprobaren empíricamente que tiñan propiedades salutíferas. (…) Nese sentido, cómpre chamar a atención sobre o feito de que o territorio da antiga Gallaecia é privilexiado en canto á información indirecta que achega sobre as tradicións prerromanas vinculadas ao culto destas augas”.
Non obstante, O lecer das augas recolle como foi na segunda metade do século XVIII e principios do séxulo XIX cando a monarquía e as clases adiñeiradas redescubriron moitas fontes abandonadas ou utilizadas polos veciños nalgúns casos desde a época romana –por exemplo, carballo, Caldas de Reis, lugo, molgas ou cuntis–. impulsados polo crecente interese político e social, moitos baños foron rehabilitados e publicitados na prensa da época. Porén, as formas de consumo nesta primeira etapa resultaron moi elementais, restrinxido o seu emprego ás doses en bebidas e ao baño en inmersión, case sempre en pías colectivas de cinco ou dez persoas. En xeral eran píos de cantería labrados na terra sin ningún abrigo.
Como no ocaso dos tecidos de liño ou na lenta evolución das conserveiras até a chegada de capital catalán ao negocio, o termalismo galego instalábase na obrigada decadencia. O catedrático de cirurxía e anatomía da Universidade de santiago de Compostela, Pedro Gómez de Bedoya, recolleu en 1765 nun pequeno manuscrito titulado Descripción de 54 fuentes minerales del Reyno de Galicia o abandono dos baños galegos, 34 dos cales se achaban en lamentábel estado de desamparo. Entre outras cuestións, bedoya criticaba a falta de coñecemento dos facultativos sobre as propiedades.
Dous factores fundamentais, escriben os tres autores, impulsaron a instalación das primeiras casas de baños ‘modernas’ de Galiza durante a primeira metade do séxulo XIX. por unha parte, a aprobación das primeiras regulacións de baños baixo o reinado de Fernando VIII, que estableceron normas básicas para o goberno, inspección e uso de instalacións á vez que introduciron a obriga de dispoñer de directores médicos nos establecementos máis significativos. O incipiente marxo lexislativo recoñecía catro casa de baños oficiais en Galica en 1816, dun total de 31 identificadas no conxunto do Estado: Caldas de Cuntis, Caldas de Reis, Caldelas de Tui e Cortegada. Só as dúas primeiras conseguiron dirección médica nas oposicións celebradas un ano despois.
O segundo elemento impulsor recaeu na existencia de iniciativas de investimento nos baños por parte de empresarios ou persoeiros locais. Así, detrás das dúas casas de baños de Caldas de Reis estaban o político ilustrado Pedro Acuña y Malvar e o escribán Joaquín Dávila. En Cuntis, o conde de Ximonde, que impulsou a creación dos baños en agradecemento á virxe por unha curación. En Ourense, os baños de Cortegada e partovia pertencían aos cidadáns do lugar e a fonte principal do Carballiño estivo en mans municipais durante case todo o Oitocentos, igual que Sousas e Caldeliñas, en Verín.
Pero, cal era a posición de Galiza no conxunto de España? Alonso, Lindoso e Vilar responden que en conxunto, Galiza, con sete balnearios oficiais convertiuse na comunidade con maior número de establecementos termais no censo de 1833. Pero case dúas décadas máis tarde, caía á terceira posición, por detrás de Andalucía e Castela, e empatada con Euskadi, malia a incorporación de Louxo, A Toxa e Lugo. Aínda que os procesos de desamortización e a toma do poder dos progresistas no 1854 contribuíron ao desenvolvemento da actividade balnearia, ao darlle pulo á renovación e facilitar o traspaso a mans de particulares, os grandes cambios para os balnearios galegos non chegaron até o derradeiro cuarto do século XIX.
A Restauración monárquica estimulou o investimento privado da burguesía, e Galiza non permaneceu completamente allea ao cambio de tendencia. É un período no que triunfan as tecnoloxías derivadas da máquina de vapor aplicadas con fins terapéuticos e créanse novas formas empresarioais para a explotación de balnearios. Durante eses anos a estructura interna do mapa balneario galego mudou radicalmente. Mentres en 1876 os balnearios históricos das zonas de Caldas de Reis (Dávila e Acuña) e O Carballiño (O carballiño e Partovia) lideraban o sector, o número de visitantes, no caso do século XIX dous titáns coparon o mercado: A Toxa e Mondariz. En realidade, nesta etapa hai dúas grandes categorías de establecementos: dun lado os balnearios tradicionais orientados cara a unha clientela popular e rexional, que ofrecían instalacións modestas, mais que, pouco a pouco melloraron as súas condicións hixiénicas e terapéuticas. Trátase de Caldas de Reis, Molgas, Cortegada, Caldeliñas, Sousas, Partovia ou O Carballiño.
Doutro lado, relata O lecer das augas, estaban os grandes establecementos que trataban de reproducir o modelo centroeuropeo das grandes estacións balnearias, atractivos centros de investimento para o capitalismo. Dentro desta tendencia, algúns balnearios españois adquiriron un compoñente lúdico e elitista, á vez que se converteron en pequenas vilas termais onde se combinaba a difusión dos novos tratamentos hidroterápicos con veladas musicais, faladoiros ou casinos. A esta época pertencen, por exemplom o casino de Archena (1899) ou o Casino de Caldas de Oviedo (1896), onde a clientela acudía en moitos casos co propósito de veranear e descansar sen necesidade de padecer ningunha doenza, o que os convertía en centros de vida social para aristócratas e persoas de maior nivel adquisitivo que o baleneario de descanso.
No caso galego axústanse a estas caracterísitcas A Toxa e Mondariz. Este último foi creado polos irmáns Sabino e Gumersindo Peinador, que lle encargaron ao arquitecto Genaro de la Fuente o deseño do Gran Hotel de Mondariz inaugurado na temporada de 1898. A vila dispuña de gabinete hidroterápico “con baños individuais de mármore de italia, duchas de todas clases, baños de asento, pulverizacións e inhalacións”. Completaban a oferta un hotel de luxo con restaurante, teatro, casino, café e capacidade para 500 hóspedes. En canto á Toxa, o proxecto estivo liderado por Euloxio Fonseca, acaudalado propietario de Pontevedra que se asociou con Fernando Rodríguez, farmacéutico de Xixón, e Laureano Salgado, un indiano oriundo de Caldas de Reis. Os tres constituíron la Toja SA cun capital de seis millóns de pesetas en 1903. A magnitude do proxecto requeriu o respaldo financeiro e político de Bernardo Mateo Sagasta, enxeñeiro, avogado e deputado en Cortes polo distrito de Caldas de Resis.
A belle epoque dos loucos anos 20
Os balnearios de alta categoría viviron unha especie de Idade de Ouro durante os anos vinte, grazas a unha lexislación favorábel e ao achegamento dos propietarios aos círculos de poder, factores moi relacionados entre si”. A Toxa e Mondariz atopábanse entre os establecementos balnearios máis demandados en España durante os anos vinte xunto a Cestona, Puenteviesgo, Archena, Ledesma ou Sobrón. Unha década despois, un artigo publicado en Anales de la Sociedad Española de Hidrología Médica situaba a Galiza á cabeza en augas medicinais.
Máis, pregúntanse Alonso, Lindoso e Vilar, que buscaban os visitantes dos balnearios da época? “As esixencias dos bañistas variaban segundo as necesidades terapéuticas e o seu poder adquisitivo. En xeral, os concorrentes máis potentes demandaban auga de calidadee, un bo emprazamenteo con clima suave, instalacións terapéuticas modernas, unha hospedaxe adecuada, posibilidades de distracción e fácil acceso. No último factor desempeñou un papel fundamental a conexión ferroviaria e telegráfica. tampouco podemos esquecer as tendencias de cada época e a notábel influencia de determinados personaxes públicos cuxos comportamenteos se imitaban como signo de distinción social. (…) Polo contrario, os receos das elites ao establecemento da II República en 1931, o afastamento do poder e a inestabilidade económica e política frearon o desenvolvemento das vilas termais nos anos previos á Guerra Civil. Á marxe das coxunturas políticas máis ou menos favorábeis, houbo máis factores que condicionaron a concorrencia balnearia nas primeiras décadas do XX, como a rápida difusión da medicina farmacolóxica e dos baños de mar ou ‘turismo de onda”.
Porén, paradoxalmentem desde os anos sesenta, cando aumentou a renda per capita, os balnearios do Estado entraron en decadencia –en Verín, por exemplo, a gran maioría pecharon e limitáronse a subministrar auga embotellada nas plantas de Sousa, Cabreiroá e Fontenova–. O boom do turismo de sol e praia condeou aos balnearios a unha lánguida existencia até a década dos oitenta. En 1985 empresarios do sector crearon a Asociación Galega de Propiedade Balnearia aos que actualmente pertencen dezanove dos vinte e un balnearios existentes na comunidade.
Os mal chamados spas
“Xunto aos balenarios, hoxe en día coñecemos a figura dos mal chamados en galego e en castelán spas ou balnearios urbanos que, fronte ao que acontece nos balenarios clásicos propiamente ditos, empregan auga común a diferentes temperaturas para proporcionar comodidade e benestar aos seus usuarios, sen un carácter especificamente salutíferoe sen necesidade, por tanto, de control médico”. Explícano Raquel Casal e Silvia González en Os balnearios de galicia. Orixe e desenvolvemento. O último modelo de edificio salutífero que xorde nos nosos días é o dos centros de talasoterapia que, como o seu nome indica, teñen carácter terapéutico e de lecer nos que se emprega auga do mar nunhas condicións específicas que favorecen determinados tratamentos de saúde. Aínda que puidese parecer que estes conceptos de balnearios, spas e centros de talasoterapia son conceptos relativamente recentes e de novo cuño, se rastrexamos a nosa historia, podemos comprobar que as súas raíces afondan moito no pasado, cuns antecedentes moi específicos en cada un deses casos e cun marcado protagonismo xa en época clásica e, sobre todo, no Imperio Romano.
Coa Igrexa topou a auga galega (cousa do demo)
“É aquí a clase de promesa e de profesión de fé que tendes a Deus? Pois prendedes velas xunto ás pedras, ás árbores, ás fontes e nas encrucilladas, que outra cousa é se non culto o demo?”
San Martín de Dumio, en De correctione rusticorum (572 d. C.)
Case sempre coincidindo con lugares actualmente explotados, hai testemuños da presenza do uso e aproveitamento dos mananciais en época prerromana e romana en Lugo, Carballo, caldas de reis, Cuntis, As Burgas, Baños de Molgas, Baños de Rande e Riocaldo. Pero tras a caída do Imperio Romano, a situación dos balnearios creados durante ese período somérxese nun baleiro documental. Nese declive –relatan as autoras de Os balnearios de galicia. Orixe e desenvolvemento–, a introducción do cristianismo como relixión oficial incidiu con forza, xa que se fomentou a crenza de que os balnearios antigos eran espazos de culto ao demo, redutos de tradición pagá. Así, as referencias aos cultos ás augas na Alta Idade Media aparecen fortemente criticados nos concilios episcopais dos séculos V e VI d. C. ou nalgunhas obras dos pais da Igrexa, como as de san isidoro de Sevilla .
Na procura da regulación da moral dos bos costumes relacionados cos baños aparecen no ámbito español entre os séculos XII e XIV unha serie de foros (de Teruel, Cuenca, Sepúlveda, Cáceres…) a modo de manuais de conducta para seguir naqueles espazos onde se cría que se fomentaba a luxuria e o pecado.
Non aconteceu o mesmo no caso daqueles territorios ocupados pola poboación árabe que, amante dos costumes herdados dos romanos e coñecedores das virtudes para a saúde dos mananciais de augas mineromedicinais seguiron a empregalas e construíron novos edificios.

Deixar un comentario

Exposición Galicia pola radio. A historia falada 1933-2008

A partir de hoxe a sede da Fundación Caixa Galicia de Santiago acolle a exposición Galicia pola Radio. A historia falada, unha interesante mostra que se enmarca dentro do proxecto “Galicia pola radio. Desde os anos trinta á actualidade” patrocinado pola Fundación Caixa Galicia, a Xunta de Galicia, a Universidade de Santiago de Compostela e o Consello da Cultura Galega.

A mostra, encadrada na celebración dos 75 anos de radio en Galicia, serve coma impresionante viaxe sonora e visual pola historia falada da nosa comunidade. Para que iso fora posible dotouse de todo tipo de material relacionado co medio, como fragmentos radiofónicos extraidos de fondos públicos e particulares, guións, micrófonos, aparellos históricos de radio, xornais, material gráfico e recreacións de ambientes sumamente atractivos para viaxar no tempo polo medio que marcou a xeracións enteiras.

Estruturada en tres andares, no baixo amósase diverso material divulgativo, o segundo dedícase a contidos máis interactivos, como un estudio de gravación, a exposición de radios antigas, unha sección con material proporcionado polo Consello da Cultura Galega e dous puntos de escoita nos que o visitante pode acceder a medio centenar de arquivos sonoros da radio en Galicia.

Pero destaca especialmente o primeiro andar, estruturado cronolóxicamente dende as orixes da radio ata a actualidade. A primeira referencia nos leva ata o ano 1932 baixo o lema “Así empezou todo” e continúa coa etapa 1932-1939 “Unha flor amañeceu en Galicia”, cando sintonizar unha emisora era unha proeza, todo era novo e sorprendente e a radio se anunciaba como defensora da identidade como cultura, servizo público e modernidade.

A seguinte época, 1940-1957 denomínase “Radio censura”, en clara referencia á dura posguerra, cando a radio se converte nun escape cara un mundo de soños e, moitas veces, un mundo prohibido, solitario e nocturno, para os que buscan. A etapa 1958-1977 “Cando os galegos entraron na radio” recolle un inicio de cambio. Comezan a obviarse as últimas prohibicións e os nenos e nenas de Galicia descobren e senten a radio como algo máxico, dun indefinido misterio oculto na súa intensa e abraiante luz interior.

A etapa 1978-1999 “Noticias de Galicia” reconstrúe a historia da radio da democracia e a autonomía galegas que conta, xa en liberdade, o que pasa en Galicia; a radio da realidade, da información, da sociedade que emerxe á superficie, que busca realidades. E finalmente a sección que vai dende o ano 2000 ata a actualidade bota unha mirada á radio de agora e a nova radio para Galicia: dixital, internet…

Esta mostra, ademais de homenaxear a un medio esencial de comunicación, serve para reavivar a memoria persoal e sentimental dos galegos, amosándolles aos máis novos a relevancia histórica e a singularidade da radio como medio de comunicación en Galicia.

A exposición poderá verse desde hoxe ata o día 19 de abril todos os días da semana, de luns a domingo, de 12:00 a 14:00 h. e de 16:00 a 21:00 h. na sede da Fundación Caixa Galicia de Santiago, situada na rúa do Vilar, número 19.

Deixar un comentario

OS OFICIOS MÁIS TRADICIONAIS DE GALICIA

Un destes oficios é o dos canteiros, que coa súa sabedoría artística traballan a pedra para a construcción, e tamén a lousa. Os canteiros son os labradores da pedra da arte popular e das máis espléndidas e fermosas obras da arquitectura galega e a súa existencia débese á abundancia de granito, fundamento da paisaxe galaica. En toda Galicia pódese atopar unha mostra destes excelentes artistas da pedra nas casas, igrexas, cruceiros, petos de ánimas, hórreos,  que constitúen as construccións máis típicas da arquitectura popular galega. Moitos destes artistas da pedra foron perfeccionándose a través do tempo e na actualidade teñen a Escola de Canteiros no Convento de Poio, en Pontevedra. Os canteiros, especialmente os da Terra de Montes, foron os artífices de boa parte do noso fecundo patrimonio monumental. Cómpre lembrar que teñen unha linguaxe propia que utilizan para comunicarse entre eles e que é chamada o “verbo dos arxinas” ou “latín dos canteiros”, pois coma moitos traspasaron as fronteiras da súa terra de orixe, esta é unha maneira de crear vínculos de fraternidade. Sempre levan a ferramenta propia consigo e acostuman instala-lo taller ó pé da obra.
Pero para que os canteiros poidan traballar na pedra, antes, os pedreiros teñen que arrincar dos montes os bloques de pedra. Na actualidade esta tarefa mecanizouse por completo, máis noutras épocas, para extrae-la pedra tiñan que usa-lo pico, as cuñas, o martelón, e finalmente a dinamita para rompe-los bloques de granito. Despois, co auxilio dunha ferramenta chamada “paoferro”, (unha barra de ferro usada coma palanca) subían ó carro dos  bois estes bloques de pedra.
Había outro oficio que era o dos chamados “serranchíns” , eles eran os que preparaban a materia prima, a madeira, que cortaban estes en táboas. A maior parte deles eran procedentes de Portugal. Xeralmente, ían dous serranchíns e máis un axudante, que cargaban as ferramentas que necesitaban para esta tarefa. Estas ferramentas eran a  machada, serra de aire, serrón, que hoxe case non se usan, pois existen os serradoiros con maquinaria eléctrica.
Dentro dos carpinteiros, hai que citar que existen os de distintas especialidades. Está o carpinteiro de armar, que é o que prepara e coloca a estructura dos pisos e tamén o teitume das casas. Atopamos tamén o carpinteiro de ribeira, que é quen constrúe embarcacións de todo tipo. Tamén está o cubeiro, encargado de face-las cubas do viño; polo xeral estes eran traballadores temporais nas zonas vitivinícolas. E por suposto, o carpinteiro de taller, que coma o seu nome indica ten un sitio fixo. Este fabrica os mobles para a casa e tamén as portas e fiestras.
O ebanista é máis especializado, e fai traballos máis finos. O torneiro realiza pezas de madeira torneadas. Producían obxectos de uso doméstico e foron ambulantes, como moitos outros oficios artesanais de Galicia. Os que fan soamente carros son os fragueiros, e os rodeiros, moito máis específicos, que fan unicamente as rodas.
Outro oficio é o dos cesteiros. A arte da cestería é anterior á cultura dos castros, a súa influencia pódese percibir, segundo algúns arqueólogos, na decoración trenzada das olas castrexas, nas alfaias prehistóricas e nos sinais de barro que cubrían as paredes das casas nas citanias. Os cestos fanse tanto na vila como no medio rural, e a materia prima é a madeira de castiñeiro, carballo, colmo (palla de centeo) e tamén vimbio.
Aínda non hai moito que os ferreiros fabricaban os utensilios agrícolas e tódalas ferraxes necesarias para os carros e as casas. O ferreiro traballa na forxa, onde se instala o fogón ó que se lle insufla aire co barquín. O material que utilizan é o ferro que extraen os mineiros, laminado nas ferrerías, que antigamente tiñan un mazo movido por unha roda hidráulica. Actualmente os ferreiros que non se dedican á artesanía limítanse a repara-las ferramentas que se compran nas tendas. Os ferradores, son ferreiros especializados. As ferraduras para as cabalerías ou os canelos para os vacúns polo xeral encárganllos ós ferreiros, aínda que hai algúns ferradores que as fan eles mesmos.
O oficio dos carboeiros é outro que en Galicia tiña por principais clientes ás forxas dos ferreiros. O carbón vexetal facíano con raíces de breixo ou polas de acacia, sometidas a un proceso de combustión lenta. O producto era levado por eles mesmos ás vilas, ata que se contou co transporte motorizado.
As tellas mailos ladrillos fanos os telleiros. O elemento básico é o forno, onde se cocen as pezas, e polo xeral traballa o mestre cos aprendices. Os telleiros do Baixo Miño, que ían traballar por toda Galicia, conservan un “latín” chamado cabaco, polo que son coñecidos como os cabaqueiros.
Un oficio que acadou moita raizame na nosa terra é o dos zapateiros, que tanto fabrican como compoñen todo tipo de zapatos. En Noia acadaron verdadeira liñaxe, e en Melide chegaron a contarse 20 talleres de zapateiros, que levaban os seus productos a distintas feiras. Alí, coma en Santiago ou en Betanzos, chegaron a ter confraría propia.
Non se pode esquecer ós zoqueiros , aqueles que facían zocos e zocas,, calzado habitual entre as xentes dun país húmido e aberto ás chuvias e neves das longas invernías que percorrían tódolos camiños de Galicia. As empeñas de coiro eran feitas polos zapateiros. Os paos que se facían eran de madeira de bidueiro, amieiro ou cerdeira. Os zapateiros acostumaban traballar no seu taller pero o final do outono deambulaban facendo os encargos que lles pedían. Neste caso levaban as ferramentas (aixola, trade, macico…) nun cesto cun aro grande.
O oficio dos oleiros consiste en facer con barro olas, xerras, cuncas, pratos, tarteiras, pucheiros…
Un dos oficios ambulantes é o dos cantorleiros e zarralleiros. A súa labor consistía en amañar pezas gastadas polo uso coas ferramentas que levaban nun caixón colgado ó lombo. O cantorleiro ocupábase da louza que estaba rota e o zarralleiro botáballe un remendo as tarteiras ou lles tapaba os buracos ás olas.
Tamén hai que nomear ós artesáns de instrumentos musicais tradicionais, coma gaitas, zanfonas, e de percusión como as pandeiretas e tambores. Este oficio tamén require que quen o fai teña coñecementos musicais.
E o oficio ambulante por excelencia, é o de afiador, o cal é moi característico de Ourense, e máis concretamente de Nogueira de Ramuín. Os afiadores ían polo mundo, polos lugares máis afastados da súa aldea,  ofrecendo os seus servicios. Tamén eles crearon unha linguaxe peculiar e propia, é o chamado “barallete”, que fortaleceu a comunidade do oficio. Levaban un asubío xeralmente feito de madeira de buxo que facían soar co seu tan coñecido pregón: “¡Afiador e paraugueiro…”.

Mónica Beatriz Suárez Groba, http://www.galiciaespallada.com.ar/artesans_tradicionais.htm
Bibliografía consultada: “galicia 2000: Cultura popular”, Xunta de Galicia.

Deixar un comentario

Cabazos ou cabaceiras

Xosé María Lema Suárez e Carlos Fernández Concheiro presentan hoxe en Vimianzo o seu estudo sobre o hórreo atlántico

MARÉ . SANTIAGO

O Seminario de Estudos Comarcais presentará hoxe no Salón Caribe de Vimianzo o libro O hórreo atlántico ou fisterrán. Cabazos e cabaceiras da Costa da Morte e Barbanza (Galicia), con texto e fotos de Xosé María Lema Suárez e debuxos de Carlos Fernández Concheiro.

No territorio máis occidental de Galicia desenvolveuse unha tipoloxía común do hórreo, caracterizado, en palabras de Lema Suárez, por unha cámara rectangular construída toda en pedra coas físgoas de ventilacións (aires ou ventos) dispostas en sentido horizontal e sostida por columnas (pés) cubertas con cadansúa capa ou tornarratos. Os nomes máis espallados son os de cabazo e cabaceira -maiormente con seseo-, de aí a segunda parte do título.

As súas formas arquitectónicas definitorias, subliña o autor do volume, xa estaban desenvolvidas no séc. XVIII. O hórreo atlántico ou fisterrán espállase non só pola Costa da Morte, senón tamén pola península de Barbanza (arredor duns 3.000 km2): comarcas de Bergantiños, Terra de Soneira, Xallas, Muros, Noia etc.

Trátase dunha guía ou libro de divulgación que empeza cunhas breves notas sobre os hórreos galegos, nas que se salienta a súa condición de construción adxectiva rural con verdadeira vontade artística. Adeamis de analizar as partes do hórreo, establécese tamén, coa axuda gráfica de mapas a área de expansión dos hórreo pétreo atlántico, de Malpica á ría de Arousa, cunha aproximación á súa fronteira coa hórreos mixtos (madeira-pedra). Tamén se establece a fronteira entre os hórreos sustentados por pés e capas e os que van sobre celeiro ou muretes. A xuízo de Lema Suárez, son particularmente interesantes as zonas de transición, con curiosos exemplares híbridos.

Na tipoloxía común do hórreo atlántico cómpre distinguir entre hórreos vellos e novos. Os hórreos vellos son os exemplares máis rústicos, e pódese dicir que son semellantes en todo o territorio: cámaras construídas con cachotes irregulares de pedra e pés e capas ó natural, sen labrar. Dedícaselles unha páxina enteira a eles, con fotos de exemplares moi arcaicos (A Bouza-Berdoias; Beba-Mazaricos etc.).

Nos hórreos novos é onde se acada a tipoloxía común, de trazas xa máis xeométricas, pero iso non quere dicir que sexa igual en todas partes, de aí que distingamos variantes e subvariantes comarcais segundo, sobre todo, as formas dos seus soportes. Perfilamos unhas sete ou oito variantes, e, algunha delas (as do Arco Fisterrán en concreto), con catro subvariantes).

Neste territorio máis occidental imos atopar non só os exemplares máis longos de Galicia, senón tamén os máis monumentais e artísticos. Dos 14 exemplares máis longos de Galicia, 9 pertencen a esta zona, ocupando os parroquiais do Araño (Rianxo), Lira e Santa Comba de Carnota os primeiros lugares.

Entre os horreos monumentais da área, este último de Carnota é o que ocupa o primeiro lugar (“a catedral dos hórreos galegos”), pero tamén outros non quedan moi atrás: os reitorais de Lira (Carnota) e Ozón (Muxía), o de Viturro (Rianxo), e tamén os de Xuño (Porto do Son), Castiñeira (Cambeda-Vimianzo) etc. Os cabazos da aldea de Campos (Touriñán) os máis occidentais de Galicia, e, sen dúbida, tamén de Europa.

A CERNA

A guía de Lema Suárez e Fernández Concheiro, de 64 páxinas, conta con abundante material gráfico (125 fotos, uns 15 mapas e debuxos). Remata cun mapa xeral onde se localizan algúns dos hórreos ou conxuntos de hórreos que merecen unha visita. A publicación desta obra foi posible grazas ó Proxecto Singular “Percorrendo Vieiros da Costa da Morte”, aprobado pola Deputación da Coruña.

Deixar un comentario

Hai 111 anos que chegou a luz eléctrica ó Ulla

06.02.2011 TEXTOS: DANIEL SEIJAS FOTOS: G.H.
A entrada do novo século, na comarca do Ullán, abriuse cunha gran novidade e mellora. A lus de carburo e petróleo, que alumeaban as rúas das vilas de San Lois de Cesures e Padrón, sustitúese polas farolas de lus eléctrica. Este feito tan transcendental ben merece ser lembrando,polo que lles relatarei ,un pouco por riba, como chegou a electricidade a estes pobos.
A chegada do alumeado eléctrico a Galicia, prodúcese dunha maneira relativamente temperá. Aínda que a súa xeralización tardou moitísimo en chegar, como ben sabemos, a tódolos recunchos deste país. Sería a cidade de Pontevedra,no ano 1888, gracias á iniciativa do todopoderoso, político e empresario, Marques de Riestra e de Aqulino Prieto, o primeiro lugar de Galicia en contar con alumeado eléctrico nas súas rúas, estando tamén entre as primeiras en contar con este servicio en toda España. Esto sería posible gracias a construcción dunha central térmica na pontevedresa praza da Verdura.
Posteriormente a eléctricidade chegaría a Mondoñedo (1893), Lugo (1894), Ourense (1894), Santiago (1895), Ponteareas (1895), Vigo (1896), Tui (1896), Viveiro (1897)…paseniñamente, gracias á instalación de pequenas centrais hidroeléctricas e térmicas, a nova fonte de enerxía ia extendendose polas principais vilas e cidades galegas.
Corría o ano 1898, cando por Galicia andaba o enxeñeiro francés Ernesto Presser Dauphin, máis un comerciante e almacenista de material eléctrico ,de Zaragoza,chamado Nicolas Palacios Lahoz. Os dous eran donos da empresa “Presser y Compañía”, e estaban na procura dun lugar axeitado onde instalar unha central hidroeléctrica, que á súa vez estivera relativamente preto dos seus futuros clientes. Foron a Caldas de Reis, e alí pretiño, en Segade, fixáronse na gran fervenza do río Umia, onde a forza da auga movía unha chea de muiños, e uns metros río arriba,tamén servira para mover unha gran noria, xa daquela recentemente abandoada, da fábrica de papel “La Concepción”. O tipo de orografía escarpada de Segade, era o máis apropiado para construir unha central hidroeléctrica.E así foi. Ernesto Presser negociou cos donos dos muiños que había na fervenza, e comproulle os dereitos do aproveitamento da auga, así coma uns terreos case o pé da fervenza para levantar a nave industrial, onde instalar as turbinas e dinamos.
En xaneiro de 1899 estes emprendedores solicitan e concédeselle, por parte do goberno civil de Pontevedra, un permiso para o aproveitamento de 2.500 litros por segundo do caudal do río Umia.
Comezan ademais as obras da nave e do muro da pequena presa, situada na parte de arriba da fervenza, de onde saía unha canle, que empalmaba cunha longa tubaxe, pola cal ía a auga ata unha cámara de carga, que á altura da central hidroeléctrica ,e aproveitando o gran desnivel, baixaba con gran forza coa fin de mover as turbinas da fábrica da lus. A central, que debeu estar xa rematada a finais do ano 1899, tiña nese momento dúas dinamos de 225 cv. de potencia cada unha e declaraba unha producción de 442 kw/h. O nome da nova empresa era “Electra de Segad”.
Pero o conto non só era montar tan importante e custosa obra de enxeñeira, habia que darlle saída a súa producción. Por iso, xa antes de ter rematada a “fábrica da lus”, Ernesto Presser e Nicolás Palacios, concurrian con éxito, durante o 1899, ás subhastas públicas para a concesión das instalacións e suministro do alumeado público de varios concellos, ansiosos de sacar da escuridade camiños e rúas, coma Valga,Caldas de Reis,Vilagarcía de Arousa, Carril,Cambados e Padrón. No caso de Valga, a concesión obtida foi por un periodo de 20 anos.
A cambio, a empresa, tiña que instalar e manter o alumeado da casa consistorial e poñer en Ponte Valga 11 puntos de lus, situados nun radio a de 300 metros do consistorio. Mentras que na vila de San Lois de Cesures, daquela ainda pertencente ó concello de Valga, instalarianse un mínimo de 24 focos de lus cunha potencia de 16 buxías cada unha. Pola sua banda, o concello de Valga, comprometiase coa empresa a pagarlle, a cantidade fixa de 1.560 pesetas anuais ,polo servicio prestado durante o tempo que durase a concesión.
En Padrón, “Electra de Segad”, na persoa do enxeñeiro Gaston Bertier Descanes, como apoderado de Ernesto Presser, en xullo de 1899, conseguia facerse coa concesión do alumeado municipal, tamén por un periodo de 20 anos. Neste caso,habia que sustituir tódalas farolas de petróleo polas eléctricas. Entre a vila de Padrón e o barrio da Trabanca, a empresa comprometeuse a colocar 56 lámparas eléctricas, así coma o propio alumeado da casa do Concello e o edificio do cárcere. Tamén había que poñer 4 puntos de lus na zona do muelle do barrio da Ponte. Neste lugar aínda facia uns pouquiños anos antes, despois de moitas protestas dos comerciantes, puxeranse farois de petroleo, xa que a pesar do importante tráfico de mercadorias do seu muelle, as noites alí seguian sendo totalmente escuras e cheas de perigos. Entre as claúsulas do contrato de alumeado de Padrón figuraba o seguinte :
“El alumbrado se encenderá siempre un cuarto hora despues que se ponga el sol, y lucirá hasta media hora antes del amanecer siguiente,reservandose el concesionario el derecho de rebajar la corriente eléctrica hasta el 15% de su intensidad desde las doce de la noche en adelante, a no ser en las noches de las fiestas de San Roque, Noche Buena y Navidad, Reyes y Carnavales que conservará integra su intensidad hasta el amanecer”.
Curiosamente ,nestas claúsulas, no se aludia nada ós días que fora a feira e festas da Pascúa. Cos contratos feitos, a “Electra de Segad”, apresura os traballos e pon en funcionamento o salto de Segade, e tenta rematar , canto antes, o tendido da liña electrica dende Caldas de Reis ata Valga, Pontecesures e Padrón. Os traballos de colocación dos postes de madeira para a conducción eléctrica, causaron varios quebradeiros de cabeza á empresa, xa que había algúns labregos, que as agachadas, ian a cortar os postes da lus. Aínda que non sabemos ben as causas destes feitos, seguramente non lles debia facer gracia, ós labregos, que aquela modernidade atravesara os seus montes e leiras, sen ningun tipo de beneficio para eles. Sería unha situación parecida a que vemos nas películas do Oeste, na que os indios dedicabanse a cortar as liñas de telégrafos que pasaban polo seu territorio.
Unha vez tendida a liña e colocadas as lámpadas nas rúas de Cesures e Padrón, comezaron as primeiras probas, que según parece iniciaronse polo 25 de xaneiro de 1900, para facerse xa de xeito regular a partir do 15 de febreiro dese mesmo ano. Sen embargo, o servicio que esta empresa proporcionaba non foi sempre todo o exemplar que se esperaba. Nese mesmo ano, o efémero semanario “La Verdad de Cesures”, dirixido por Victoriano Llerena Braña , criticaba á empresa eléctrica polas súas constantes deficiencias na suministración do fluído eléctrico.
Ós poucos meses da chegada da electricidade a Cesures,Padrón e Valga, o 21 de abril, a empresa “Electra de Segad-Presser y Compañia” fusionase coa “Electra Popular Ferrolana”, e por iniciativa de Ernesto Presser e co respaldo do capital de grandes socios, créase a “Sociedad General Gallega de Electricidad” (S.G.G.E.), cos saltos de Segade e da Fervenza no río Belelle (Neda). A empresa que contaba cun capital social de 2.000.000 pesetas, conta entre moitos socios, ademais do propio Presser, que era o presidente, ós coruñeses Ricardo Silveira e o banqueiro Ricardo Rodriguez Pastor, ademais do futuro “rei dos saltos de auga”, o caldense Laureano Salgado Rodríguez. Deste xeito a S.G.G.E. pasaba a ser automaticamente a encargada de xestionar o alumeado dos concellos de Valga e Padrón, sendo o xérmolo,en parte, do que será Fenosa, o fusionarse con esta en 1955.
Si en 1900 a lus chegada ós nucleos urbanos de Cesures e Padrón, nese mesmo ano tamén comezaron a gozar da luz eléctrica os veciños do núcleo da Estrada, da man de Camilo Pardo coa súa “fábrica da lus” no río Liñares, en Pina-Aguións (A Estrada). No caso de Cuntis, o alumeado público comezaria a funcionar en 1915, gracias á central instalada polo dono dos balnearios cuntienses “La Virgen” e “El Castro” ,Marcial Campos García, no río da Patela.
A chegada da lus ós nucleos rurais de Valga, Pontecesures e Padrón, iria aparecendo de xeito gradual, segundo os lugares, anos despois ou con moitas décadas de retraso, coma no caso das aldeas dos Condes, Confurco,Grobas e Fenteira, que non contarian coa lus eléctrica ata o ano 1960, por poñer un caso. Pero falar da chegada das liñas eléctricas ó rural, sería materia doutro artigo.

Deixar un comentario

Antes da luz eléctrica

Museo Ferro Couselo

No noso Museo contamos con distintos utensilios usados para alumear antes da electricidade, antes de que ‘chegara a luz’. Esta é unha breve descrición das súas características e funcionamento.

O candil utilizábase para alumear partes da casa. Coñécense candís do s. X a. C. Poñíase un pouco de aceite nun recipiente e unha mecha á que se lle prendía lume. Daba menos luz co quinqué de petróleo ou o carburo, que apareceron máis tarde, pero era moi común o seu uso en todos os fogares.

O Quinqué de petróleo ten un tubo de cristal e un sistema de corrente de aire. Foi das primeiras formas de iluminación artificial dos nosos antepasados, pero hoxe úsase só de adorno. Levaba un recipiente de petróleo e no extremo unha mecha, de algodón normalmente, que se prendía para alumear. O seu nome vén dun farmacéutico francés, Antoine Quinquet (1745-1803), que perfeccionou e comercializou o invento feito cara 1782 polo físico e químico Aimé Argand.

Os farois foron moi usados, tanto para a casa como para levar na man cando se camiñaba de noite. Están formados por unha caixa transparente, dentro da cal se pon luz. A luz pode ser producida por unha mecha impregnada en aceite ou outra graxa, unha vela, gas, electricidade, etc.

Construídos con folla de lata, zinc ou outros compostos de ferro, as paredes son de cristal, algunha delas abatible, para facer posible a recarga do combustible. Levan unha torreta de ventilación protexida da choiva.

As lámpadas de carburo eran moi usadas para iluminar as estancias da casa, pero primeiro usáronse nas minas. A primeira lámpada de carburo foi desenvolvida por Frederick Baldwin en Nova Iork, no 1900. Na parte de abaixo colocábase o carburo e tapábase con outro compoñente. Metíanse dentro dunha compoñente maior con auga. Ao reaccionar a auga co carburo, regulado, desprende gas acetileno que saía pola boquiña do dispositivo. Ao prenderse arroxaba unha luz máis intensa ca do candil ou do quinqué. Con menos dun quilo de auga e carburo de calcio pode obterse iluminación para máis de 24 horas.

Deixar un comentario

Older Posts »