Archive for Marzo, 2010

Pouco máis de catro mil feirantes traballan co carné da Xunta

15.03.2010 Galicia-Hoxe

As citas “de toda a vida” para comprar e vender gando perden folgos en Galicia, a pesar de que se manteñen aproximadamente 400 convocatorias mensuais

As batas escuras, os bastóns, as boinas e os apertóns de ma ns para pechar un trato nunha fei ra do mapa galego son imaxes cada día máis difíciles de ver. E é que cada ano son menos os lugares nos que se celebran feirais nos que se manteña a outrora puxante venda de gando.
Aínda que non existe ningún re xistro actual fiable sobre este sector, segundo os calendarios es­pecializados como O Mintirei ro verdadeiro ou o Zaragozano, dous de cada tres concellos galle gos manteñen as tradicionais feiras cunha periodicidade bimensual. Isto supón, en nú meros redondos, unhas catro centas feiras, mercados ou mer cadiños ó mes, repartidos por toda Galicia.
Na actualidade, en contadas destas citas mensuais se man tén a venda de gando, unha ac tividade na que a Xunta exerce o control veterinario en preto de sesenta concellos, en cuxos feirais aínda se comercia cos animais. A cifra serve para medir o nivel onde a actividade gandeira se resiste a morrer e aínda sobrevive nos tradicio nais mercados que se celebran na nosa xeografía.
Hoxe as transaccións de ga ndo concéntranse en conta das prazas e os xatos, porcos, ovellas e equinos caeron da maioría das feiras, que se manteñen reconvertidas en mercadiños, cunha importante actividade comercial, que move millóns de euros ó ano.
A pesar dese importante move mento económico que xeran estas convocatorias, non hai nin gún estudo serio que analice o potencial económico das fe rias en Galicia. Polo menos, Medio Rural, cámaras de comercio, concellos e a propia aso ciación de ambulantes de Galicia descoñecen o volume de nego cio deste sector e a existencia de traballos que o analicen.
A realidade é que moitas das feiras do calendario galego desapareceron xa polo des poboamento rural, sobre todo en Lugo e Ourense. Outras pervi ven, milagrosamente, reinventa das en mercado de barato e son as menos as que manteñen a puxanza de outrora, cando a fe ria era cita obrigada para boa parte da xente do campo.

Os polbeiros, o último signo de identidade
Nas catro provincias gale gas están acreditadas na ac tualidade, co carné que expe de a Xunta, pouco máis de 4.100 persoas como vendedores ambulantes. Son como unha tri bo nómade que cada día, co seu negocio ó lombo, se moven ós lugares onde se celebra unha feira ou mercado. Con eles van os polbeiros, o último sig no de identidade que se manté n invariable, desde hai déca­dás, nestas citas tradicionais.
E é que unha feira ou merca do do rural sen caldeiro de polbo “non é feira”, afirma Anto nio, un veciño de Monforte que non falla ás citas do 6 e o 24 de cada mes que aínda re sisten na capital de Lemos. Ambulantes e polbeiros son os que manteñen vivas unha fe rias nas que o comercio de gando foi substituído polos postos de abalorios.

EN PRIMEIRA PERSOA
“A crise nótase moitísimo”
“Son dunha familia de fei rantes e practicamente crecín e me criei no pos to de roupa dos meus pais, que agora levo eu”. Así se autodefine María del Pilar Jiménez, unha vende­dora ambulante da lo calidade ourensá da Rúa que pasa a súa vida na estrada. “A nosa vida non é nada fácil”, e recoñece que a crise que estamos atravesan do “se nota moitísimo”, porque “as carteiras non se abren como antes”.
“O éxodo rural acabou ca venda”
Antonio Méndez, que emparentou cunha fa milia de veteranos ferralleiros artesáns de Lugo que levan tres xeracións acudindo a vender ás feiras, suma xa ás súas costas tres décadas co mo ambulante. Con todo, Antonio re coñece que “hoxe, a venda de útiles agrícolas é testi muñal”. Engade “o progre sivo abandono do campo acabou coa demanda de apeiros de labranza, que hai anos era un filón”.

Deixar un comentario

Mesego e Zoo, por Aitor Campos e David Castro (3ºA ESO)

Comments (3)

Parir en Galiza hai medio século, unha charla coas protagonistas

O Museo do Pobo acolle unha tertulia arredor da maternidade con maiores de 65 anos

ESTEFANÍA LOSADA- Galicia-Hoxe. 13-3-2010

O Museo do Pobo Galego (en colaboración coa Asociación Mámoa e o centro sociocultural da Trisca) celebrou este xoves á tardiña outro dos faladoiros do programa Café da Memoria, unha actividade que anima os maiores a reviviren as súas experiencias e transmitírllelas ás xeracións máis novas, recuperando á vez vellas memorias e o modelo de expresión máis antigo: a narración oral. Nesta última reunión, as mulleres acapararon o protagonismo e aproveitaron a semana na que se conmemora o Día da Muller para falar sobre o embarazo, o parto e a maternidade, rememorar como se vivían e demostrar canto cambiaron.

A muller que se atreveu a romper o xeo empezou por resaltar que “antes non tiñamos información, non ten nada que ver co de agora. As mulleres que quedan embarazadas enseguida o saben, e tamén se é neno ou nena”. Quitoulle ferro con humor, asegurando que na súa época “xa sabiamos que os nenos non viñan de París, pero pouco máis”.

Outra das asistentes, unha muller de 82 anos chamada Lidia e natural de Vedro (Lugo), aproveitou para comentar que, para saber o sexo dos seus fillos, o único que tiña antes do parto era “a intuición”. “Aínda así”, presume, “nunca levei un chasco”.

Todas as participantes coinciden en que os principais cambios se deron na implicación médica durante o embarazo e o parto. A maioría nunca visitou o seu médico de cabeceira, moito menos un xinecólogo, durante os meses de xestación. Só aquelas que notaban algún problema buscaban a axuda dun profesional. “Agora van ao xinecólogo para todo”, comenta Carme.

Durante séculos mantivéronse redes de mulleres que se axudaban unhas a outras durante o parto. Nais, irmás e veciñas axudaban como podían e algunhas delas gañaban a fama de comadroas. Matilde asegura que a que acompañaba “era simplemente unha muller con experiencia, porque saber sabía tanto como o resto”. A día de hoxe, Carme aínda non sabe se o dicían en serio ou de broma, pero recorda que “algunhas mulleres dicían que ían parir á corte para non manchar a casa”, pero enseguida aclara: “Eu tiven os meus fillos na cama”, como todas as presentes.

Cando nacía un bebé, as principais preocupacións eran alimentalo e bautizalo. Agora que viron as súas fillas criando os seus netos non se atreven a dicir que a alimentación de antes fose mellor, só que era máis natural. Si que coinciden na diferenza que fai a cantidade de comida: “Agora os bebés están máis gordiños, máis fermosos”, di Matilde.

A escaseza de leite materno antes de que aparecese o leite en po era un problema que preocupaba a todas as nais, por iso abundaban os remedios, máis ou menos supersticiosos. Recordan que se lles recomendaba ás mulleres que producían pouco leite que comesen sardiñas ou bebesen cervexa, e que cando fose necesario recorrer ao leite de vaca, se utilizase só a producida por un mesmo animal. Do contrario, o bebé poríase enfermo.

En tempos nos que a devoción relixiosa e a mortalidade infantil eran moito máis elevadas que na actualidade, o bautizo do naipelo considerábase urxente e adoitaba celebrarse nos tres primeiros días de vida do pequeno. Os padriños eran os que o levaban á Igrexa, xa que as mulleres non podían asistir á misa durante as sete semanas seguintes ao parto, supostamente porque era o tempo que tardaban en “purificarse”. Esas sete semanas tiñan outra cara, máis positiva: era o tempo coñecido como “a dieta”, no que a nai descansaba, recuperábase e deixábase consentir. Alimentábana en abundancia con ovos, pan e galiñas e dábanselles algúns caprichos, como galletas e chocolate, doces que non eran tan fáciles de obter hai máis de 50 anos.

Lidia tivo 6 fillos ao longo da súa vida, tres nenos e tres nenas. Quedou embarazada por primeira vez con só 16 anos e estando aínda solteira, polo que ao principio “non quería que se soubese”, recorda. Casou no seu último mes de embarazo, e iso foi o único que a librou do estigma das nais solteiras. “Non podían relacionarse cos demais nin ir a ningures, e menos a unha festa”.

Deixar un comentario

Máis de 7.000 vistas no flickr

A galería de fotos do Museo á que podedes acceder desde a barra da dereita tivo ata hoxe 7.046 vistas. Todo un éxito para unha galería onde dominan as fotos antigas aportadas polos alumnos deste curso e dos pasados. De momento temos 341 fotos subidas á rede, abertas a todo o mundo cunha finalidade educativa, o coñecemento do noso pasado.

As fotos antigas divídense en 11 álbums: Interiores, Familias, Emigración, Mili, Traballos, Lecer-Festas, Retratos, Nenas e nenos, Paisaxes, Relixión e Escola. Ademais temos abertos outros tres álbums: Obxectos do Museo, Fotos do Museo (novembro 09) e Colaboradores (08-09).

Pertencemos aos seguintes grupos do Flickr: Patrimonio de Galicia, Galicia B/N, Arquitectura Tradicional Galega, Geotagged: Galicia, Festas Galegas, Fotos Antigas de Galicia e Fotos Antiguas de España.

A imaxe máis vista é charanga, (82), montaxe de dúas fotos, seguida de Inundación na rúa da Presiña (54), montaxe de tres fotos, Matanza (45), Mozas en vespa (42) e Nai e filla na romaría. Agardamos seguir aumentando con novas achegas as nosas fotos, cremos que así contribuímos á conservación e difusión do noso patrimonio. Grazas aos alumnos e alumnas, as súas familias e aos retratados. Todos eles contribúen a coñecernos mellor.

Deixar un comentario

As últimas algueiras de Loiba

Dez mulleres dunha familia recollen algas vermellas entre as rocas dos cantís

LORENA BUSTABAD – El País – 23/09/2009

Son as últimas herdeiras dun oficio xurdido da necesidade e alimentado polo mar á sombra dos cantiis de Loiba. Cada verán, miran o calendario marcando as lúas cheas e novas e esperan pacientemente ás mareas lunares -dúas veces máis grandes que as solares por posición dos corpos celestes- para arrincar as algas avermelladas (rodofíceas) de entre as rocas de Pena Furada durante a marea baixa.

Din que son algueiras toda a vida, aínda que, como moito, poden traballar catro ou cinco días do mes de xuño a outubro na franxa intermareal con permiso do mar e dos ventos. Na costa de Ortigueira só quedan dez. Todas mulleres. Roldan o medio século ou o superan e todas están emparentadas nunha mesma familia enraizada na parroquia ortegana de Loiba. A María, de 82 anos, aínda lle leva a vida baixar ao areal de Ribeira do Carro para recoller algas xunto á súa filla Carmen Gómez, de 60, e chancea dicindo que o seu corpo xa non a deixa. “Hai que estar máis lixeira”, ri. Conta que empezou de nena a rebuscar entre a area coa raña para gañarse o pan. Durante décadas colleu ourizos, berberechos e algas que lle pagaban a “tres e a cinco pesetas”. Lembra que as había “espesas”, e culpa ao Prestige de “cambiarlles o mar”. “En 2002 non tivemos algas, estaban todas contaminadas”, apunta a súa filla. Herdou o oficio con 14 anos e lembra tempos mellores. “Hai 20 anos eramos moitas máis. Había algas para todos. Crecían como céspede” di.

A Xunta regulou o marisqueo e prohibiulles colleitar algas o fin de semana. A miúdo perden as mareas boas que caen en sábado ou domingo. Comparten os cantís cos percebeiros e os polbeiros nuns tramos máis agrestes e salvaxes da costa, aos pés de Estaca de Bares, repleto de formacións rochosas retortas e caprichosas que comparan con As Catedrais de Ribadeo. Conta Carmen que entre as algueiras tamén houbo algún home, pero que foron desistindo dun traballo manual que require paciencia. Explica que as algas vermellas de Loiba, chamadas gigartinas, son puras, de augas batidas e cristalinas, e cotízanse a uns 50 céntimos o quilo, aínda que o produto xa transformado multiplica o seu prezo por 100, segundo fontes do sector.

Nun día bo, co mar calmo, cada algueira pode recoller entre 150 e 200 quilos. Entre todas, unha tonelada. Madrugan para encher os sacos que arrastran pola area e cargan catro sobre Pardo, un dos catro burricáns que baixan á praia, os únicos animais capaces de subir  esa carga por un carreiro rochoso e accidentado. A uns 500 metros do areal, e a case cen sobre o nivel do mar, espera Antonio co tractor. Recoñecen que “non é fácil” sacar as gigartinas da praia. A forma de facelo non cambiou no últimos cincuenta anos e a motivación é a mesma de entón: unha fonte de ingresos extra para contrarrestar o desemprego da comarca sacando partido á súa riqueza natural.

As algueiras de Loiba adoitaban secar as algas ao sol antes de vendelas. Agora, almacénanse en casa de Carmen e María, onde as recolle un camión de Ceamsa (Compañía Española de Algas Mariñas) radicada no Porriño desde 1967. “A miña nai xa recollía algas para o antigo dono”, apunta. Das algas de Loiba extráese comestible –carragenato– moi empregado como espesante na alimentación, que se comercializa como E-407 ou E-410. Desde Ceamsa, a única empresa galega que importa algas de todo o mundo, explican que as gigartinas transfórmanse nunha especie de xel “emulxente, xelificante ou estabilizante presente en marmelos, produtos lácteos e cárnicos ou na comida para cans e gatos”. Das algas tamén se extraen os alginatos, E-401, E-402 ou E-403, entre outros, onmipresentes en iogures, batidos e natiñas. Estes químicos de orixe vexetal son a base de moitos cosméticos e cremas adelgazantes, pastas de dentes e moldes para dentaduras, entre outras aplicacións nas industrias farmacéutica, téxtil e bioquímica.

Cargados de vitaminas e minerais, os froitos do horto mariño atlántico tan exquisitos para os asiáticos, están en alza como ingrediente exótico da alta cociña occidental. “Non hai nin un só sitio en toda a Península coa riqueza natural e a forma de traballar de Loiba,” explica Dores Rubido, responsable de Roteiros, “todo sigue como hai 200 anos”. Cada verán, esta empresa de turismo especializado en natureza e patrimonio descobre aos máis ousados a Ruta das Algas de Ortigueira. Onte, as algueiras baixaron ás praias de Loiba por última vez. Din que quizá con moita sorte e un pouco de tempo tolo poderán baixar coa lúa chea de outubro.

Deixar un comentario

Xacobeo en Santiago de Compostela, 1915

Deixar un comentario