Archive for Museo

Antes da luz eléctrica

Museo Ferro Couselo

No noso Museo contamos con distintos utensilios usados para alumear antes da electricidade, antes de que ‘chegara a luz’. Esta é unha breve descrición das súas características e funcionamento.

O candil utilizábase para alumear partes da casa. Coñécense candís do s. X a. C. Poñíase un pouco de aceite nun recipiente e unha mecha á que se lle prendía lume. Daba menos luz co quinqué de petróleo ou o carburo, que apareceron máis tarde, pero era moi común o seu uso en todos os fogares.

O Quinqué de petróleo ten un tubo de cristal e un sistema de corrente de aire. Foi das primeiras formas de iluminación artificial dos nosos antepasados, pero hoxe úsase só de adorno. Levaba un recipiente de petróleo e no extremo unha mecha, de algodón normalmente, que se prendía para alumear. O seu nome vén dun farmacéutico francés, Antoine Quinquet (1745-1803), que perfeccionou e comercializou o invento feito cara 1782 polo físico e químico Aimé Argand.

Os farois foron moi usados, tanto para a casa como para levar na man cando se camiñaba de noite. Están formados por unha caixa transparente, dentro da cal se pon luz. A luz pode ser producida por unha mecha impregnada en aceite ou outra graxa, unha vela, gas, electricidade, etc.

Construídos con folla de lata, zinc ou outros compostos de ferro, as paredes son de cristal, algunha delas abatible, para facer posible a recarga do combustible. Levan unha torreta de ventilación protexida da choiva.

As lámpadas de carburo eran moi usadas para iluminar as estancias da casa, pero primeiro usáronse nas minas. A primeira lámpada de carburo foi desenvolvida por Frederick Baldwin en Nova Iork, no 1900. Na parte de abaixo colocábase o carburo e tapábase con outro compoñente. Metíanse dentro dunha compoñente maior con auga. Ao reaccionar a auga co carburo, regulado, desprende gas acetileno que saía pola boquiña do dispositivo. Ao prenderse arroxaba unha luz máis intensa ca do candil ou do quinqué. Con menos dun quilo de auga e carburo de calcio pode obterse iluminación para máis de 24 horas.

Deixar un comentario

Vídeo de presentación do noso Museo

Comments (1)

Memoria fúnebre no pasamento de Ferro Couselo (1975)

XAVIER CASTRO RODRÍGUEZ. Galicia Hoxe
En Cordeiro, no concello de Valga, nacía hai agora algo máis de cen anos un dos nomes fundamentais da cultura galega que fixo da investigación e dos estudos etnográficos, históricos, arqueolóxicos… os motivos recorrentes dunha parte da súa biografía. Ademais, as colaboracións en diferentes revistas e xornais foron frecuentes e o seu labor acadou recoñecementos e enxalzamento tanto por parte dos seus contemporáneos como por aqueles discípulos que gabaron e proseguiron a esencia do seu traballo. Xesús Ferro Couselo (1906-1975), vinculado aos estudos prehistóricos por vocación e traxectoria familiar, (un seu tío, arqueólogo e historiador, foi determinante na súa vocación), desenvolveu unha intensa promoción da cultura galega e formou parte de organismos e institucións claves no discorrer daquela Galicia do primeiro terzo do século XX: Seminario de Estudos Galegos, Grupo Nós, Mocidades Galeguistas, Real Academia Galega…
Certamente, a produción como articulista de Ferro Couselo é moi importante e, dese corpus de traballos heteroxéneos, os escritos en galego son escasos (maioritariamente están en castelán e só uns poucos foron editados en portugués) e, entre eles, salientamos aqueles de orientación etnográfica, lingüística, folclórica, relixiosa… e, sen dúbida, A vida e a fala dos devanceiros (1955) sitúse nun lugar moi sobranceiro do seu labor.
No 1975, coincidindo coa data do seu pasamento, saíu do prelo este opúsculo que recolle a homilía pronunciada no mes de abril polo padre Xosé Isorna na igrexa de Santa Comba de Cordeiro. Unha memoria fúnebre onde se enxalza a condición humana e o labor cultural dun home humilde alonxado da fachenda. En palabras do oficiante, Ferro Couselo fora un traballador a prol da ciencia e alguén que “coñecía a Historia do noso pobo cunha riqueza de datas de feitos, de tradicións, de falas e ditos dos devanceiros, que poidera, moi ben, ser chamado un arquivo vivente, unha biblioteca en movimento, que andaba a cotío chea de sabencia e de abondosa información”..

Deixar un comentario

Unha ollada ao noso Museo

Grazas á extraordinaria colaboracion da profesora de Plástica, Hortensia Fernández, o alumnado de 4º da ESO da materia de Educación Plástica e Visual (Damián Maneiro, Marcos Torres, Sheila Martínez, Natalia Soto e Lorena Torres) realizou uns fermosos debuxos de catro obxectos do Museo: o telurio, o ferro de pasar de carbón, o porrón e  muíño de café. Grazas á profesora e ao alumnado por axudar a difundir as pezas do noso Museo.

Deixar un comentario

Máis de 7.000 vistas no flickr

A galería de fotos do Museo á que podedes acceder desde a barra da dereita tivo ata hoxe 7.046 vistas. Todo un éxito para unha galería onde dominan as fotos antigas aportadas polos alumnos deste curso e dos pasados. De momento temos 341 fotos subidas á rede, abertas a todo o mundo cunha finalidade educativa, o coñecemento do noso pasado.

As fotos antigas divídense en 11 álbums: Interiores, Familias, Emigración, Mili, Traballos, Lecer-Festas, Retratos, Nenas e nenos, Paisaxes, Relixión e Escola. Ademais temos abertos outros tres álbums: Obxectos do Museo, Fotos do Museo (novembro 09) e Colaboradores (08-09).

Pertencemos aos seguintes grupos do Flickr: Patrimonio de Galicia, Galicia B/N, Arquitectura Tradicional Galega, Geotagged: Galicia, Festas Galegas, Fotos Antigas de Galicia e Fotos Antiguas de España.

A imaxe máis vista é charanga, (82), montaxe de dúas fotos, seguida de Inundación na rúa da Presiña (54), montaxe de tres fotos, Matanza (45), Mozas en vespa (42) e Nai e filla na romaría. Agardamos seguir aumentando con novas achegas as nosas fotos, cremos que así contribuímos á conservación e difusión do noso patrimonio. Grazas aos alumnos e alumnas, as súas familias e aos retratados. Todos eles contribúen a coñecernos mellor.

Deixar un comentario

Telurio

O telurio é un artiluxio mecánico que servía para explicar os movementos de translación e de rotación da Terra, as estacións e a alternacia entre o día e a noite. Cando se combina cun lunario (unha esfera luar que xira arredor da Terra), coma neste caso, permite explicar tamén os eclipses.

Este é un modelo didáctico que serve para enseñar o funcionamento do sistema solar. Pertenceu ao laboratorio do antigo Colexio de Cuntis que se encontraba no campo da Feira e fora doado pola asociación Hijos del Ayuntamiento de Cuntis en Buenos Aires no ano 1925. Cando se derrubou o antigo grupo escolar trouxémolo para o Museo deste colexio.
O sol está representado por un círculo de latón que reflexa a luz dunha vela de cera, e os planetas, incluída a lúa arredor da terra, móvense mediante un resorte de manivela. Trátase dunha moi curiosa e rara peza de laboratorio que debemos coidar e conservar.

O modelo, loxicamente, non respecta a escala real. Se a distancia entre a Terra e a Lúa fose a correcta, na escala do telurio do museo o Sol debería estar da Terra a unha distancia 400 veces maior, é dicir, 100 veces máis lonxe do que está. Se os tamaños da Terra e da Lúa fosen correctos, o Sol (a nosa vela) debería ter un diámetro 120 veces maior co da Terra.
Que contidos se poden explicar co telurio: Rotación terrestre (día e noite, sentido da rotación); Translación terrestre (o ano, a órbita da Terra, o sentido da translación, as estacións do ano); Translación do sistema Terra-
Lúa arredor do Sol; Rotación luar (cara oculta); Translación da Lúa arredor da Terra (Órbita da Lúa, Fases da Lúa, Eclipses de Sol e Lúa); Mareas (Mareas vivas e Mareas Mortas); Medida do tempo (Día, semana, mes e ano); Meridiano e Fusos horarios.

Deixar un comentario

Máquina de Wimshurst

http://es.wikipedia.org/wiki/M%C3%A1quina_de_Wimshurst

A máquina de Wimshurst é un xerador electrostático de alta voltaxe desenvolvida entre 1880 e 1883 polo inventor británico James Wimshurst (1832 – 1903). Ten un aspecto distintivo con dous grandes discos a contra-rotación (viran en sentidos opostos) montados nun plano vertical, dúas barras cruzadas con cepillos metálicos, e dúas esferas de metal separadas por unha distancia onde saltan as faíscas. Baséase no efecto triboeléctrico, onde se acumula cargas cando dous materiais distintos freganse entre si. Estas máquinas pertencen a unha clase de grupos de xeradores, que crean cargas eléctricas por indución electrostática.

Nunha máquina Wimshurst, os dous discos de illamento e os seus sectores de metal viran en direccións opostas que pasan polas barras neutralizadoras cruzadas de metal e polos seus pinceis. Un desequilibrio de cargas é inducido, amplificado e almacenado por dous pares de peites de metal cos puntos situados preto da superficie de cada disco. Estes colectores móntanse sobre un soporte illante e conectado a unha saída terminal. A retroalimentación positiva, aumenta a acumulación de cargas en forma exponencial ata que a tensión de ruptura dieléctrica do aire alcanza unha faísca.

A máquina está lista para comezar, o que significa que a enerxía eléctrica externa non é necesaria para crear unha carga inicial. Con todo, requírese enerxía mecánica para tornar os discos contra o campo eléctrico, e é esta enerxía que a máquina converte en enerxía eléctrica. A saída da máquina de Wimshurst é esencialmente unha corrente constante xa que é proporcional á área cuberta polo metal e os sectores á velocidade de rotación. O illamento e o tamaño da máquina determina a saída de voltaxe maxima que se pode alcanzar. A faísca de enerxía acumulada pódese aumentar mediante a adición dun par de frascos Leyden, un tipo de condensador adecuado para a alta tensión, cos frascos no interior das placas conectados en forma independente a cada unha das terminais de saída e conectados coas placas exteriores entre si. Unha máquina Wimshurst pode producir raios que son aproximadamente un terzo do diámetro do disco de lonxitude e varias decenas de microamperes.

Construción dun prototipo

Deixar un comentario

O Museo renóvase


Por fin conseguimos que o Concello amañase a porta do fondo do Museo. Despois, o conserxe Paco, pintou a parede e, así, o Museo quedou moito máis agradable, con máis espazo, con máis color e máis luz.

Por outra banda, incorporamos aos fondos do Museo o legado que nos fixo o recén finado Luis Rey (que descanse en paz), fillo de Don Aurelio. A doazón produciuse con motivo do 25 aniversario do Colexio, estando formado por libros, fotos e material usado por D. Aurelio nas súas clases. Despois duns anos expostos na entrada do Colexio, consideramos conveniente que pasaran definitivamente ao Museo.

Animádevos a visitar o Museo, está mellor que nunca como podedes ver aquí. Pero aínda debemos melloralo e amplialo, colabora!!!

Deixar un comentario

Fotos das familias do alumnado


O curso pasado fixemos unha pequena búsqueda de fotos antigas que o alumnado ten nas casas para sumalas ao fondos do Museo. A resposta non foi moi masiva, pero as que temos son moi significativas. A través delas podemos descubrir a historia das nosas familias, dos noso lugares, en definitiva, a nosa propia Historia. Grazas a Andrea, Javier, Lidia, Lorena, Maite, Natalia, Rubén e Tania. Premendo aquí podedes ver unha presentación con todas as fotos.Na feira

Comments (2)

Os colaboradores están no Flickr

LunaTiñamos pendente desde o curso pasado (como pasa o tempo) incluír neste noso blogue as fotos das alumnas e alumnos que colaboraron con algunha das actividades que fixemos durante o curso. Non están todos, foi imposible reunilos para tirarlles a foto. En cada unha das fotos aparece o alumno ou alumna co seu obxecto preferido do Museo. Tamén deixamos para o curso que vén a inclusión dun pequeno comentario da peza e das razóns da escolla. A pesar das carencias (non puiden identificar a todos) o que si está claro é que temos unha canteira moi potente, á que hai que aproveitar os próximos anos.

Para subir as fotos creamos unha galería para o Museo en Flickr e contamos cun correo electrónico. Aquí, na columna da dereita tedes correo e as imaxes, e debaixo a presentación con todas as fotos. Destaco a foto de Diego Luna porque foi o único colaborador de 4º da ESO.

Colaboradores

Comments (1)

Older Posts »