O LIÑO

O liño no Museo

O liño tivo moita importancia na historia de Galicia. Hoxe só sobreviven algúns obradoiros onde se producen tecidos máis como atracción turística e museística que como actividade económica. Houbo un intento de recuperar a produción industrial do liño pero semella non ter callado.

A artesanía do liño en Galicia tivo un gran desenvolvemento, sobre todo na costa e nalgúns vales do interior. A súa época de maior auxe foi desde mediados do século XVIII ata as primeiras décadas do século XIX. Nesta etapa mesmo se importaba liñó de fóra, dos países bálticos, a través dos portos de Vigo, Carril e Ribadeo. Unha vez feito o tecido, exportábase cara Castela ou mesmo América. A competencia da mecanizada industria téxtilo do algódón, de Cataluña e Inglaterra, provocou a decadencia do liño galego, incapaz de competir en prezo coa produción das fábricas, onde obreiros e máquinas producían máis e máis barato. A artesanía do liño quedou limitada ao autoconsumo familiar en épocas de crise económica.

No Museo contamos cun amplo catálogo de obxectos vinculados á preparación do liño para o tecido: restrelos, ripanzos, mazas, fusos, rocas, estopa… Estes foron os obxectos expostos, xunto cunha ampla e ilustrada información complementaria na entrada do colexio: O liño. Este foi, ao igual que no caso do telurio, un traballo do alumnado de Informática1 de 4º da ESO.

Déixovos tamén un Léxico do liño, recollido da páxina: http://linho.iespana.es/lexico.htm

O liño-2
Bagaña: Casca que envolve a semente do liño, do tamaño dun gran de millo que ten boliñas dentro, a verdadeira liñaza.
Cerro: Manelo de liño.
Debanar: Poñer o fío en marañas por medio da debandoira.
Espadelar: Abranda-lo liño batendo contra o espadeleiro pra que despois se poida fiar.
Estopa: Febras de liño que se obteñen ó restrelar.
Estrigas: Rolos de fío retorcidos e atados facendo un nó que se fan ó espadelar.
Fiar: Reducir a fío a estopa coa roca e co fuso. Métese o estremo da roca na cincura da saia e no estremo enrólase o liño. A muller vai tirando e retorcendo a estopa pra que saia o fío fino, mentres fai xirar a punta do fuso que ó “bailar” retorce o fío e fai os novelos.
Liñaza: Semente do liño que vén dentro da bagaña.
Manelo/novelo: Madeixa de estopa que se fai ó fiar e que despois pasa á debandoira.
Maraña: Madeixa de liño fiado que se obtén da debandoira, polo que non está apretado, senón enrolado de maneira alongada coma se fose unha corda.
Mazar: Golpear repetidamente o liño posto no mazadoiro usando a maza pra separar as febras boas do resto.
Mazaroca: Riño enrolado no fuso cando acaba de saír da roca.
Naipe: Cartón en forma de cucurucho que se lle poñía á roca na punta cubrindo a estopa pra que no se movese, tirando do fío desde a parte de abaixo. Chámaselle naipe porque acostumaban a usar cartas da baralla, coma o as de ouros.
Restrelar: Facer pasar o liño polo medio dos dentes do restrelo pra que se poña coma o algodón e se enfíe facilmente.
Ripar: Quitarlle a bagaña ó liño por medio do ripo cando vén da veiga.
Tascos: Cascas que se lle sacan ó liño.
Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: